Besteiro amosa a súa confianza nun cambio "que nos leve a unha Europa comprometida cos problemas de Galicia", como o declive demográfico e o desemprego

Besteiro amosa a súa confianza nun cambio "que nos leve a unha Europa comprometida cos problemas de Galicia", como o declive demográfico e o desemprego

Besteiro amosa a súa confianza nun cambio "que nos leve a unha Europa comprometida cos problemas de Galicia", como o declive demográfico e o desemprego

“Os socialistas somos a única alternativa capaz de construír un modelo de progreso social e económico distinto ao actual”, asegura o secretario xeral do PSdeG

“A miña primeira iniciativa no Parlamento Europeo será para que o porto de Vigo sexa considerado como Nodal pola súa situación xeográfica e a súa posición de liderazgo”, afirma José Blanco

O secretario xeral do PsdeG, José Ramón Gómez Besteiro, amosou hoxe en Vigo a súa confianza nun cambio o vindeiro 25 de maio “que nos leve a unha Europa comprometida con problemas de Galicia”, como o declive demográfico e o desemprego.
O líder dos socialistas galegos participou nun acto para presentar as propostas dos socialistas galegos de cara as eleccións europeas do 25 de maio, no que tamén estivo o candidato do PSdeG ao Parlamento europeo, José Blanco, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
“Os cidadáns terán a oportunidade de deixar atrás as políticas de recortes e empobrecemento da dereita, para apostar polo investimento social e a sociedade de benestar que defendemos os socialistas”, afirmou o secretario xeral socialista na súa intervención
Besteiro manifestou que “en Galicia estamos sufrindo un grave declive demográfico, que xunto ao desemprego e a débeda son os tres grandes problemas aos que non é quen de atopar solucións a Xunta de Alberto Núñez Feijóo”.
Este despoboamento da Galicia interior e rural vai aparellado coa situación progresiva de abandono do sector primario por parte do Partido Popular, “ao que non lle interesa nin a agruicultura, nin a gandeiría, nin a pesca, como demostra día a día coas súas políticas soamente destinadas a propiciar a recuperación vistual dos mercados”, apuntou o secretario xeral do PSdeG.
En Galicia, a crise demográfica e o bloqueo da modernización produtiva do sector primario son dúas faces dun mesmo problema. Para facerlle frente, “os socialistas propoñemos que, para afrontalo, comecemos por intensificar e ampliar os programas de modernización produtiva da agricultura e de desenvolvemento rural, para os que se poden demandar e aproveitar os fondos europeos específicos”.
Outra prioridade dos socialistas galegos será a loita para facer frente ao paro. Besteiro anunciou que “triplicaremos os fondos da Unión Europea para que os mozos e mozas poidan conseguir un posto de traballo, para atender axeitadamente aos desempregados de longa duración, con medidas suficientemente financiadas desde o Fondo Social Europeo, e para combater a fenda salarial que separa a mulleres e homes”.
O líder dos socialistas reafirmou o compromiso “de traballar, como sempre fixemos, para que todos os cidadáns teñan garantidos os dereitos ó ensino, á sanidade e ó amparo social”.
“Temos que superar as fendas que aínda hoxe separan a homes e mulleres e que se están a afondar no momento actual, como consecuencia da ofensiva neoconservadora que se está a producir contra os dereitos conquistados polas mulleres e no que as medidas de austeridade están exacerbando a brecha salarial e laboral”, engadiu.
Besteiro rematou manifestando que “os socialistas somos a única alternativa capaz de construír un modelo de progreso social e económico distinto ao actual desde o compromiso e a responsabilidade: cambio comeza o 25 de maio”.
Porto Nodal en Vigo
Pola súa parte, José Blanco expresou o seu compromiso de que a súa primeira iniciativa no Parlamento Europeo irá encamiñada “a que o porto de Vigo sexa considerado como Nodal pola súa situación xeográfica, seguridade, e a posición de liderazgo no sector pesqueiro e na exportación de automoción ou o crecemento no tráfico de contedores”.
Blanco tamen dixo que “Europa debe decidir se continúa polo rumbo da austeridade sen medida, depresiva e antisocial, ou se emprende o rumbo do investimento produtivo, do emprego e do benestar social no que son as persoas, e non os mercados, o centro das políticas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar