Besteiro alerta "da deriva do Partido Popular de afastar os servizos públicos dos cidadáns, como a sanidade e a xustiza, facéndoos menos accesibles e máis caros"

Besteiro alerta "da deriva do Partido Popular de afastar os servizos públicos dos cidadáns, como a sanidade e a xustiza, facéndoos menos accesibles e máis caros"

Besteiro alerta "da deriva do Partido Popular de afastar os servizos públicos dos cidadáns, como a sanidade e a xustiza, facéndoos menos accesibles e máis caros"

“Outra política é posible, os socialistas loitaremos por manter os servizos públicos para todos os cidadáns independentemente de onde vivan”, asegura o secretario xeral do PSdeG

O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, alertou hoxe “da deriva do Partido Popular de afastar os servizos públicos dos cidadáns, como a sanidade e a xustiza, facéndoos menos accesible e máis caros”.

Nun acto coa presidenta da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte, Maribel García, na que abordaron a situación na que se atopa o hospital monfortino, Besteiro manifestou que “outra política é posible, os socialistas loitaremos por manter os servizos públicos para todos os cidadáns”.

O líder dos socialistas galegos defendeu que “non se poden medir os servizos en función de onde hai máis ou menos poboación, senón coa garantía de que todos os cidadáns teñan dereito a recibir un bo servizo público, nas mesmas condicións, con independencia de onde vivan”.

“O modelo do PP, da dereita deste país, é idéntico en todos os servizos públicos: primeiro afasta o servizo público para logo encarecelo, como paso previo a súa privatización, tal e como están a facer outros Gobernos da dereita en Europa; cando un servizo público se afasta, faise menos accesible e deixase de empregar, o seguinte paso é que se pague por el”, remarcou Besteiro.

En materia de Sanidade, a Xunta do PP externalizou os labores de esterilización do material sanitario; a central telefónica de chamadas de cita previa; a alta tecnoloxía diagnóstica e terapéutica; o mantemento de equipos de plataforma loxística de medicamentos; o arquivo de historiais clínicos; a atención de accidentados leves de tráfico; ou as telecomunicacións. Ademais, a Xunta decidiu que as compras do material de radioloxía, medicina nuclear e radioterapia decidiraas unha empresa privada.

“Todos somos iguais nun Estado democrático de dereito, a privatización dun dereito público provoca trato desigual para os cidadáns, e eu, como secretario xeral do PSdeG, comprometo o traballo dos socialistas para manter os servizos públicos”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar