Besteiro afirma que se abre “un tempo de reflexión para unha reforma constitucional baixo o prisma do consenso” tamén sobre a Xefatura do Estado

Besteiro afirma que se abre “un tempo de reflexión para unha reforma constitucional baixo o prisma do consenso” tamén sobre a Xefatura do Estado

Besteiro afirma que se abre “un tempo de reflexión para unha reforma constitucional baixo o prisma do consenso” tamén sobre a Xefatura do Estado

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas son “esencialmente republicanos” e destaca que vivimos “nunha democracia madura e este é un momento para demostralo”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quixo facer esta mañá un “recoñecemento expreso e claro á figura do Rei Juan Carlos”, que foi “clave da Transición e do Estado democrático”, e afirmou que agora “se abre un escenario que os cidadáns españois e galegos temos que afrontar como unha evolución no noso sentir democrático, de forma madura e adulta”.

Para iso, asegurou, é necesario abrir un escenario de “reforma constitucional de forma sensata e madura”, non só no tema da Xefatura de Estado, senón necesaria tamén “para que a sociedade non se estanque, senón que afronte os seus problemas” como a organización territorial, o financiamento ou a gobernanza económica. “É tempo de afrontar esta reforma baixo o prisma do consenso, como no 78, pero nunha evolución democrática, porque tamén se mide niso a madurez dunha sociedade”.

Gómez Besteiro incideu en que “apelando á normalidade” e ao cumprimento inmediato do actual marco constitucional, “ábrese un ámbito de reflexión” tras a abdicación do monarca. “Os socialistas somos esencialmente republicanos, aínda que contribuímos á aceptación da monarquía no 75 porque pensabamos que era o mellor para o país”, afirmou Besteiro. “Somos unha democracia madura e este é un momento para demostralo”.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Xosé Lois Carrión
    Xuño 2, 2014 a 18:18

    … e que “somos unha democracia madura” tradúcese en que o noso Partido contribúa a que a cidadanía vote nun próximo referendo se quere Monarquía ou ben República!

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar