Besteiro afirma que os datos do paro “confirman que Galicia vai peor que España” mentres “Feijóo segue sen querer falar do desemprego”

Besteiro afirma que os datos do paro “confirman que Galicia vai peor que España” mentres “Feijóo segue sen querer falar do desemprego”

Besteiro afirma que os datos do paro “confirman que Galicia vai peor que España” mentres “Feijóo segue sen querer falar do desemprego”

O presidente da Xunta “non quere buscar solucións e en lugar de falar da redución do emprego fala doutras reducións que só lle preocupan ao PP”, di Besteiro, con “2.629 parados máis nun só mes en Galicia mentres o desemprego baixa no resto de España”

“É moi significativa a imaxe desta fin de semana, con media Galicia nas rúas protestando polos problemas reais, e Feijóo e os representantes do PP pechados aplaudíndose a si mesmos”, afirma o secretario xeral dos socialistas

O PSdeG afirma que os datos do paro de novembro “con 277.100 parados, 2.629 máis no último mes en Galicia, mentres o número de desempregados baixa no resto de España”, veñen a confirmar “unha vez máis que o noso país, con Feijóo ao fronte, vai peor que o resto de España”. O presidente da Xunta “segue sen querer falar do desemprego e moito menos buscar solucións nin consenso neste tema, cun recorte do 56% nas políticas activas de emprego”, en en vez de tratar a redución do emprego “pon como prioridade outro tipo de reducións que só lle interesan ao PP”, di o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

“É moi significativa a imaxe desta fin de semana, con media Galicia nas rúas protestando polos problemas reais,e Feijóo e os representantes do PP pechados aplaudíndose a si mesmos”, afirma Besteiro, que apunta que “desde que Feijóo accedeu ao goberno da Xunta, “hai 114.400 persoas más en paro” e o desemprego “aumentou un 70,31% en Galicia, fronte ao 47,22% do conxunto de España”. E na actual lexislatura o aumento é para Galicia de 13.100 persoas, “case un 5% de aumento por pouco máis dun 2% no resto de España, menos da metade”, din os socialistas. “Estes son os datos reais fronte ao mundo paralelo de Feijóo, que quere vender cifras irreais e convencernos de que Galicia está á cabeza da saída da crise, mentres el cruza os brazos á espera de que todo se arranxe”, di Besteiro.

4.572 afiliados menos á Seguridade Social

Desde o PSdeG apuntan que “a caída nos afiliados á Seguridade Social aínda é maior que o aumento do paro” con respecto ao mes pasado, con 4.572 persoas menos cotizando en Galicia nun só mes, tamén por riba das cifras do resto do Estado. Asimesmo, “a taxa de actividade en Galicia é do 54,66%, 4,93 puntos menos que para España”. Os socialistas tamén lembran que “en Galicia hai xa 89.200 fogares con todos os membros en paro, o 10% das familias galegas, cun aumento do 100% desde o terceiro trimestre de 2009”, e 31.400 fogares sen ningún tipo de ingreso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar