Besteiro afirma que o PSdeG segue “empeñado en xerar emprego”, e lembra que o PP botou abaixo un novo Plan de Emprego Xuvenil socialista “mentres a metade dos licenciados foxen de Galicia”

Besteiro afirma que o PSdeG segue “empeñado en xerar emprego”, e lembra que o PP botou abaixo un novo Plan de Emprego Xuvenil socialista “mentres a metade dos licenciados foxen de Galicia”

Besteiro afirma que o PSdeG segue “empeñado en xerar emprego”, e lembra que o PP botou abaixo un novo Plan de Emprego Xuvenil socialista “mentres a metade dos licenciados foxen de Galicia”

O secretario xeral do PSdeG afirma que os autónomos, “que están sostendo gran parte da realidade económica” do noso país, “absorben os recortes e padecen as taxas”, e reclama crédito e bonificacións fiscais para o colectivo

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse esta mañá co secretario xeral dos traballadores autónomos galegos de AUGA-UPTA, Elisardo Domínguez, e destacou o colectivo como “parte da clase traballadora” e “unha verdadeira rede que sostén gran parte da realidade económica de Galicia”, para a que reclamou sistemas de crédito e bonificacións fiscais. Besteiro afirmou así mesmo que o PSdeG segue “empeñado en xerar emprego en Galicia” e lembrou que onte no Parlamento os socialistas presentaron unha nova iniciativa dun plan de emprego xuvenil, elaborada xunto con Xuventudes, que o PP botou abaixo. “Din que non lles interesa e que van sacar outro. Pois esperemos que o saquen o máis rápido posible, porque mentres iso acontece, a metade dos licenciados universitarios foxen de Galicia na procura dun emprego”, afirmou.

Gómez Besteiro apuntou datos como que “o 90% das empresas en Galicia non teñen máis de cinco traballadores e o 60% non teñen ningún asalariado e están sostidas baixo un autónomo”, polo que estes traballadores “son extraordinariamente importantes”, no país. “Non hai acceso ao crédito, e non só iso, senón que as liñas de crédito abertas ata agora pechan e o sistema fiscal segue sen discriminar positivamente aos traballadores autónomos, que teñen unha penalización fiscal importante sen bonificacións para eles”, destacou. O socialista avogou por “apoiar o emprendemento”, pero destacou tamén que polas características do traballo autónomo en Galicia “os problemas reais destas persoas non se solucionan falando só de emprendemento e exportacións”.

“No concepto de clase traballadora non só están os asalariados, senón tamén os autónomos, que son verdadeira lexión no noso país . Moitas familias viven en torno ao autónomo e sofren os problemas da crise, da falta de crédito, da falta de bonificacións fiscais e a suba dos servizos básicos”, afirmou Besteiro, que lembrou que a suba da electricidade ou a do lixo que propón a dereita “penalizan cada vez máis os seus negocios”. “Están absorbendo unha parte moi importante dos recortes e padecendo os incrementos de taxas e dos custes fixos que fan que un negocio se manteña ou teña que pechar”, dixo.

“Vertixinosa caída” nos afiliados á Seguridade Social
Gómez Besteiro fixo mención ás “dramáticas e preocupantes” cifras do paro en Galicia, que “evoluciona peor que España”, con 2.629 desempregados máis en só un mes, e destacou como “aínda máis preocupante a vertixinosa caída nos afiliados á Seguridade Social, con 4.500 persoas menos cotizando nun só mes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar