Besteiro afirma que Galicia trasladará a súa “experiencia” e o seu “peso como comunidade histórica” á Conferencia Política e ao proxecto de futuro do PSOE en España

Besteiro afirma que Galicia trasladará a súa “experiencia” e o seu “peso como comunidade histórica” á Conferencia Política e ao proxecto de futuro do PSOE en España

Besteiro afirma que Galicia trasladará a súa “experiencia” e o seu “peso como comunidade histórica” á Conferencia Política e ao proxecto de futuro do PSOE en España

O socialista di que o PSdeG “traballa para un gran proxecto político” para “gañar o futuro para Galicia”, coa loita contra o desemprego como principal reto e “cunha visión totalmente distinta” á da dereita

“Temos que traballar hoxe e sempre por resover os problemas dos cidadáns, porque iso é o que nos vai devolver a credibilidade e a forza diante da xente”, afirma Besteiro

BesteiroO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá en Madrid antes da inauguración da Conferencia Política do PSOE que os 38 participantes do PSdeG aportarán solucións e propostas para a cidadanía e o partido desde a perspectiva de Galicia. “Esperemos moito desta Conferencia, levamos a nosa propia experiencia do noso modelo de partido froito das primarias que fixemos en setembro e tamén levamos o peso dunha comunidade histórica”, asegurou. Así, os socialistas galegos terán un papel activo esta tarde nas catro comisións de traballo sobre Europa e reformas políticas, Economía e Emprego, Estado do Benestar e Modelo de Partido.

Gómez Besteiro ve “fundamental reconducir o papel de Galicia” e o seu peso en Europa, xa que “cada vez nos afectan máis” as decisións que se toman desde a UE. Galicia presidirá ademais unha das catro comisións da Conferencia, a de Estado de Benestar, coa deputada Laura Seara, designada polo secretario xeral para esta tarefa. Nesta mesa Galicia exporá a súa experiencia contra a política de “repagos e recortes nos servizos públicos” que está a levar a cabo o goberno de Feijóo xunto co de Rajoy, ademais de temas que afectan de xeito importante á comunidade como as pensións. “Cremos no Estado de Benestar e na súa viabilidade e rexeitamos todos os comportamentos en contra”, afirma Besteiro.

O propio secretario xeral dos socialistas galegos será un dos participantes na comisión de Economía e Emprego. “A esa comisión, na que eu vou estar, imos levar tamén as preocupacións que ten Galicia, como a reindustrialización ou o problema demográfico, moi importante na nosa comunidade”, explica. Asimesmo, na de modelo de partido “Galicia ten a experiencia de facer un proceso de primarias moi saudable”, di o socialista. “Eu sempre aproveito para recomendarlles aos outros partidos que fagan primarias, que os seus militantes tomen a voz, porque quen relmente cre nas bases cre tamén que a súa decisión é libre, con sentido común e sabia”, asegura.

“Non será o secretario dos socialistas galegos quen empañe esta conferencia, na que traballaron moitos galegos e moitos españois, tanto militantes como non militantes. Van participar preto de 2.500 persoas, 1.000 nas votacións, e o 25% non son militantes, son xente que aportou a este proceso de Conferencia Política. Por tanto remata aquí un ano de intenso traballo para solucionar os problemas dos cidadáns”, explica Gómez Besteiro, que engade que nesta Conferencia falarase tamén “dun modelo de partido que vai cara as primarias dunha forma absolutamente ineludible”.

“Gañar o futuro de Galicia”
“O partido en Galicia está traballando para un gran proxecto político en España. E o que nos apaixona nesta fin de semana vai ser gañar o futuro tamén para Galicia”, afirma o secretario xeral, que explica que “todos os socialistas” están “aliados contra o principal problema que ten Galicia, que é o paro”.

“Quizáis o maior número de propostas para esta Conferencia van dirixidas no seno da economía, e tamén no do Estado de Benestar. Como demostramos no último Debate do Estado da Autonomía preocúpanos fundamentalmente o emprego e o modelo financeiro, onde en Galicia estamos a vivir unha situación convulsa en relación co futuro de NGB”, apuntou Besteiro, que destacou que o PSdeG ten unha visión de Galicia “totalmente distinta” á do PP “fronte a unha dereita que non ofrece expectativas na loita contra o paro, onde Galicia está indo peor” que o resto de España. “Apoiamos os medios de produción, un compromiso claro cos medios financeiros de Galicia, un apoio sen fisuras aos servizos públicos como a sanidade, os servizos sociais e educación pública e unha aposta clara pola reindustrialización de Galicia. Son as bazas nas que temos que traballar e loitar aquí, en Europa e sempre en Galicia, por suposto”.

Alternativa de goberno
Besteiro afirma que “tanto en Galicia, como en España, como en Europa, o partido socialista é unha alternativa crible e construtiva de Goberno”, e nesa liña “é na que hai que traballar”, di. “Cal é o camiño? A solución dos problemas dos cidadáns. Non hai outro, máis aló de que eu poia entender que mediaticamente poida ser interesante saber quen vai ser o líder dos socialistas nun futuro. Hoxe temos que traballar por resolver os problemas dos cidadáns, hoxe e sempre. Iso é o que nos vai devolver credibilidade e forza diante dos cidadáns”, di Besteiro, porque “co traballo, co esforzo e coa claridade de ideas” é “como se gaña a credibilidade” da xente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar