Besteiro afirma que a delegación galega chega ao congreso de Madrid “para empuxar todos na mesma dirección; a alternativa de goberno”

Besteiro afirma que a delegación galega chega ao congreso de Madrid “para empuxar todos na mesma dirección; a alternativa de goberno”

Besteiro afirma que a delegación galega chega ao congreso de Madrid “para empuxar todos na mesma dirección; a alternativa de goberno”

O secretario xeral do PSdeG confía “no criterio” de Pedro Sánchez, que “está dando un exemplo de responsabilidade e tranquilidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou esta mañá en Madrid que a delegación galega chega hoxe con “moitísima ilusión” para un Congreso “de unidade”, e para “axudar” desde Galicia “a que o proceso saia ben e a empuxar todos na mesma dirección: a alternativa de goberno”.

O socialista asegura que o que lle “obsesiona” é “dar solución aos problemas dos cidadáns” e por iso non falou de posibles nomes de socialistas galegos na dirección do PSOE, por “respecto á militancia e á decisión final do secretario xeral”, xa que a composición dos órganos federais non se votará ata mañá domingo. “O luns será aínda moito mellor que hoxe, que non haxa dúbida”, destacou. “Eu sempre son moi respectuoso coas decisións e cos tempos do partido, non é nada novo, e creo que as valoracións hai que facelas unha vez se coñeza a Executiva federal”, engadiu.

En todo caso, Besteiro amosou a súa confianza “no criterio responsable do secretario xeral, que o vén demostrando durante os últimos días e tamén o confirmará esta fin de semana”, porque aínda que “é unha Executiva reducida e sempre é difícil elixir entre a ampla canteira que ten o PSOE”, Pedro Sánchez “está dando un exemplo de responsabilidade e tranquilidade neste momento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar