Besteiro advirte que a afiliación á Seguridade Social baixou en 4.000 persoas nun ano, “o que reflicte que Galicia non é capaz de xerar emprego”

Besteiro advirte que a afiliación á Seguridade Social baixou en 4.000 persoas nun ano, “o que reflicte que Galicia non é capaz de xerar emprego”

Besteiro advirte que a afiliación á Seguridade Social baixou en 4.000 persoas nun ano, “o que reflicte que Galicia non é capaz de xerar emprego”

Con relación ao “taxazo” no canon de Sogama, pídelle ao Goberno de Feijóo “que aclare si está do lado dos cidadáns ou das empresas privadas”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, manifestou hoxe que “sempre é unha boa noticia que baixe o paro”, pero advirtiu que o número de afiliados á Seguridade Social “baixou en case 4.000 persoas no último ano, o que reflicte que Galicia non é capaz de xerar postos de traballo”.

“Os datos da Seguridade Social deixan claro que o Goberno de Feijóo non é capaz de recuperar o emprego, a xente emigra ou xubílase pero Galicia non é quen de xerar novos postos de traballo”, asegurou o líder dos socialistas.

Besteiro afirmou que “as persoas que contribúen a manter o sistema caen, Galicia é xunto a Castela e León a autonomía que máis baixada rexistra nas afiliacións á Seguridade Social, a perspectiva estrutural do mercado de traballo en Galicia amosa un declive e un futuro nada prometedor”.

Con relación á reunión que onte mantiveron os alcaldes socialistas e do BNG co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, polo incremento dun 34% no canon de Sogama, o secretario xeral do PSdeG pídelle á Xunta “que aclare si está cos cidadáns ou coas empresas privadas que participan na xestión dos residuos en Galicia”.

“Os alcaldes que estiveron onte na reunión en San Caetano representan ao 50% dos cidadáns galegos e a Xunta non quere negociar con eles, escolle o camiño fácil que é trasladar a absoluta ineficiencia do sistema ao bolsillo dos cidadáns”, apunta Besteiro.

“O Goberno de Feijóo non quere beneficiar aos cidadáns, descarta o consenso e provoca unha fractura entre a Xunta e o municipalismo, os alcaldes propuxeron alternativas pero foron ignoradas”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar