Besteiro acorda cos sindicatos a “axenda social necesaria” para Galicia, que con Feijóo “perdeu o plus de resistencia e xa se comporta peor que o resto de España”

Besteiro acorda cos sindicatos a “axenda social necesaria” para Galicia, que con Feijóo “perdeu o plus de resistencia e xa se comporta peor que o resto de España”

Besteiro acorda cos sindicatos a “axenda social necesaria” para Galicia, que con Feijóo “perdeu o plus de resistencia e xa se comporta peor que o resto de España”

O secretario xeral do PSdeG reivindica “a urxencia dun cambio de política fiscal que vaia polo camiño da equidade”, xa que a clase traballadora soporta o 85% da tributación, e alerta da “precariedade” do pouco traballo que se está a xerar na comunidade, onde o aumento do paro supera os indicadores estatais

BESTEIRO SINDICATOSO líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse cos secretarios xerais dos tres principais sindicatos en Galicia, José Antonio Gómez, de UGT, José Manuel Sánchez Aguión, de CCOO, e Suso Seixo, de CIG, cos que coincidiu na prioridade de dotar a Galícia dunha “axenda social necesaria para o país”, co desemprego como principal preocupación. O socialista alertou de que co goberno da dereita de Feijóo, Galícia “perdeu e pulverizou ese plus de resistencia que tiña, fundamentalmente co goberno de Touriño, e agora xa se está a comportar peor que o resto de España”.

Gómez Besteiro, que destacou “a importancia das organizacións sindicais no desenvolvemento no dia a dia de Galícia, cun papel fundamental en democracia”, subliñou que os indicadores para Galícia son peores que no resto do Estado “non só nos datos mensuais, senón tamén na perspectiva anual”, xá que “o paro medra máis que no resto de España” e sobre todo “cada vez hai máis precariedade do traballo que se xenera” na comunidade. “Estamos chegando a unhas taxas de temporalidade cercanas ao 95%, e esta precarización que se está a producir no mercado laboral é absolutamente dramática”, afirmou. Por outra banda, “hai menos contribuíntes porque baixan os afiliados á Seguridade Social tamén máis en Galícia que en España”.

Outra das preocupacións compartidas polo PSdeG e as organizacións sindicais neste encontro é a desigualdade do sistema fiscal, “unha das grandes procupacións dos traballadores pola súa desproporción”. Así, apunta Besteiro, as clases traballadoras aportan un 50% do PIB do país e o mundo da empresa o outro 50%, “en cambio na carga fiscal, a clase traballadora soporta o 85% da tributación”. Por iso, alerta, “é urxente un cambio de política fiscal que vaia polo camiño da equidade e que sexa progresiva e redistributiva”.

O “debilitamento institucional” tamén foi un punto tratado na cita cos sindicatos, polo que Gómez Besteiro apelou á capacidade “para xerar unha alternativa necesaria neste momento fronte á política da dereita do PP, que vai en contra da maioria social deste país”. Un marco no que o PSdeG “quere aportar unha alternativa en clave de solucións para esa maioria social”.

O socialista lembrou que, xa no marco do Debate do Estado da Autonomia, o PSdeG puxo sobre a mesa dúas propostas claras: por unha banda, “a necesidade dun plan de emprego de choque, sobre todo dirixido aos máis desfavorecidos pero tamén pensado para dinamizar as empresas e vencellado ao mundo empresarial”, e por outra “o apoio ao mundo financeiro, fundamental para os intereses de Galícia e para a pequena e mediana empresa necesitada de crédito”, para o que os socialistas pediron “unha alianza política para que NGC se manteña no tempo e mellore as súas previsións”. Ante isto, o PP “trasladou que estas cousas non lle interesaban nin lle preocupaban”, afirmou Besteiro, que cre que estas propostas si contan en cambio co recoñecemento das organizacións sindicais e os axentes sociais.

A reunión tocou tamén a “destrución dos medios produtivos” de Galícia e a necesidade de “apuntalar e fortalecer a produción”, o que significa “crer no país e nos seus medios e contribuír a fortalecelos desde o pùnto de vista industrial, enerxético e do sector primário, que debe ser transformado tamén en secundario e terciario”. Besteiro destacou que o encontro cos líderes sindicais galegos supuxo tratar “un amplio espectro de temas, máis aló da situación e as relacións laborais e a negociación colectiva”, porque ás agrupación sindicais, igual que ao PSdeG, “lles preocupa a sociedade e Galícia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar