Besteiro acorda cos colectivos de discapacidade trasladar ao Parlamento as súas demandas pola “igualdade”

Besteiro acorda cos colectivos de discapacidade trasladar ao Parlamento as súas demandas pola “igualdade”

Besteiro acorda cos colectivos de discapacidade trasladar ao Parlamento as súas demandas pola “igualdade”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE trasladou o compromiso dos socialistas galegos de traballar coa vontade de cambiar as cousas que os gobernos de Galicia e do Estado están a facer mal en materia de discapacidade

Denunciou unha involución contra a que hai que loitar, porque as políticas que se están a facer lévannos cara unha sociedade máis inxusta

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, propuxo a o presidente do CERMI – Galicia (Comité de entidades representantes de persoas con discapacidade), Anxo Queiruga, establecer un calendario periódico de reunións e “un compromiso de traballo coa vontade de cambiar as cousas que o Goberno de Galicia está a facer mal, ao igual que o Goberno do Estado, en materia de discapacidade.

O dirixente socialista, mantivo esta mañá unha xuntanza coa dirección do CERMI en Santiago á que asistiu acompañado polas parlamentarias Carmen Acuña, Carmen Gallego, portavoces de Sanidade e de Políticas Sociais do Grupo Socialista.

O máximo responsable do socialismo galego afirmou que a política que se está a facer “lévanos cara a unha sociedade moito máis inxusta, onde o principio de igualdade non é real para todos, e isto vese no mundo da discapacidade”.

Besteiro saíu da reunión confirmando que as demandas deste colectivo non se circunscriben ao ámbito da Sanidade e dos Servizos Sociais, senón que se estenden á Educación, ao Emprego á Función Pública e, polo tanto, merece un tratamento transversal por parte dos distintos departamentos do Goberno.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acordou con estes colectivos trasladar ao Parlamento as súas demandas pola “Igualdade”. “A este tipo de cuestións nos referíamos cando falábamos de levar a vida real ao Parlamento”, explicou. O líder dos socialistas galegos demandou que as comisión parlamentarias funcionasen “con un carácter máis dinámico e os problemas dos cidadáns deben poder trasladarse e debaterse alí”.

Denunciou o baleirado da Lei de Dependencia e a perda de dereitos da Lei de Autonomía Persoal. “A falta de expectativa no eido laboral e educativo para a discapacidade nos conduce a unha sociedade máis inxusta e iso é o que temos que reflexionar entre todos”, propuxo Besteiro. Unha reflexión sobre a sociedade que queremos para o futuro e cal foi a sociedade pola que loitamos os últimos trinta anos.

Para o socialista, “hai unha involución en toda regra contra a que hai que loitar”, amosouse convencido da necesidade de crear as condicións para que “poidamos saír desde o mesmo punto de partida na nosa espectativa vital, con independencia dos nosos recursos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar