Besteiro acompaña aos veciños de Lugo na #rutadocancro da Xunta e considera “unha vergonza que teñan que percorrer 10.000 quilómetros” durante o seu tratamento

Besteiro acompaña aos veciños de Lugo na #rutadocancro da Xunta e considera “unha vergonza que teñan que percorrer 10.000 quilómetros” durante o seu tratamento

Besteiro acompaña aos veciños de Lugo na #rutadocancro da Xunta e considera “unha vergonza que teñan que percorrer 10.000 quilómetros” durante o seu tratamento

caO secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acompañou este venres aos veciños da provincia de Lugo que reciben radioterapia na tan coñecida como #rutadocancro, que fan para recibir radiación na Coruña, logo de que a Xunta incumprira a súa promesa de establecer o servizo de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica no Hospital Universitario Lucus Augusti.

“É de vergonza que un veciño lucense que está a recibir radioterapia percorra máis de 10.000 quilómetros nas 23 sesións de media que dura o tratamento, o que significa que ao día levan ás súas costas máis de 400 quilómetros”, afirmou o líder dos socialistas, “e o que demostra o pouco tacto cos veciños da provincia”. Así o denunciou en Fonsagrada, onde o vehículo medicalizado recolleu ao seu primeiro pasaxeiro.

Do mesmo xeito, Besteiro destacou que “a de Lugo é a única provincia que non ten este servizo básico, o que indica a discriminación sen precedentes da Xunta”. O secretario xeral dos socialistas galegos afirmou tamén que o presidente da Xunta “mentiunos e enganounos en moitas ocasións, nun tema tan grave como é o da saúde” e manifestou que “vendo esta terrible situación sen precedentes, podemos afirmar que con Feijóo, Lugo será sempre unha provincia abandonada”.

Gómez Besteiro destacou que o PSdeG “estivo, está e estará sempre en primeira liña cos veciños” como sucede coas manifestacións organizadas na cidade de Lugo, que lograron mobilizar a preto de 18.000 veciños. Nesta liña, lembrou que xunto coas asociacións de veciños de Lugo presentouse unha Iniciativa Lexilativa Popular para solicitarlle á Xunta a implantación deste servizo.

#rutadocancro
A ruta comezou ás 12:30 horas na vila lucense de Vilagudel, na Fonsagrada, onde o vehículo medicalizado que ofrece a Xunta recolleu ao seu primeiro paciente. Alí, Besteiro, acompañado dos alcaldes de Fonsagrada, Cervantes e Pedrafita, coñeceu ao primeiro veciño que está a recibir tratamento na Coruña. Posteriormente, logo de recoller ao veciño de Vilagudel, comezou a volta cara ao Hospital Universitario Lucus Augusti, onde a ambulancia recolleu a outro veciño da cidade de Lugo, que tamén se ve obrigado a ir á Coruña a recibir o tratamento.

Sobre as 15:30 horas, o vehículo medicalizado arrancará cara o Hospital Oncolóxico de Galicia, Labaca, centro ao que asisten todos os veciños da provincia a recibir a radiación. Despois comezará o tempo de radiación e ao remate será a saída cara o HULA, onde se baixará o primeiro dos veciños. Posteriormente, fará a saída cara a Fonsagrada e Vilagudel, no que a ambulancia deixará ao último lucense.

“Continuaremos loitando e denunciando esta situación, xa que esta xornada de máis de oito horas é completamente insostible”, rematou o máximo representante dos socialistas galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar