Besteiro: “A Xunta non ten peso en Madrid, 1.500 traballadores do cerco non poden vivir da pesca e Feijóo ten que facer os deberes diante do ministerio”

Besteiro: “A Xunta non ten peso en Madrid, 1.500 traballadores do cerco non poden vivir da pesca e Feijóo ten que facer os deberes diante do ministerio”

Besteiro: “A Xunta non ten peso en Madrid, 1.500 traballadores do cerco non poden vivir da pesca e Feijóo ten que facer os deberes diante do ministerio”

Volanta 1O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, criticou hoxe que “A Xunta de Galicia non ten peso en Madrid, 1.500 traballadores do cerco non poden vivir da pesca e Feijóo ten que facer os deberes diante do ministerio”.

O líder do PSdeG mantivo unha reunión en Santiago con representantes da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia (Acerga). “O sistema de reparto de cotas para o cerco debe ter en conta criterios socioeconómicos, poboación ocupada no sector e número de barcos, non só os dereitos históricos”, asegurou.

“Non é un asunto novo, os problemas dos sectores primarios reprodúcense e non se solucionan, levamos dous anos falando do cerco e o reparto de cotas depende de Madrid, as asigna directamente o Estado”, afirmou Besteiro, que engadiu que “o único que queren os traballadores é vivir da súa actividade económica, a Xunta debe dicir se está con eles ou non lle interesa o sector”.

En opinión do secretario xeral do PSdeG, “País Vasco e Cantabria pasan por riba de Galicia, temos por exemplo o 50% da flota de xarda e só o 25% da cota, non podemos seguir así, a necesidade é evidente para os 154 barcos e 1.500 traballadores do cerco”. “A Xunta ten que actuar, non dividir e desinformar”, engadiu.

Volanta
Tras a reunión cos representantes do cerco, Besteiro visitou aos traballadores da volanta acampados diante da sede da Xunta en San Caetano, xunto ao portavoz de Pesca dos socialistas no Parlamento, José Ramón Val, e o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda. O PSdeG mostroulles o seu apoio e presentará varias iniciativas para mellorar a situación do sector.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar