Besteiro: “A resposta deste debate é que só para Feijóo Galicia está mellor que hai cinco anos, e iso sitúao nunha soidade absoluta”

Besteiro: “A resposta deste debate é que só para Feijóo Galicia está mellor que hai cinco anos, e iso sitúao nunha soidade absoluta”

Besteiro: “A resposta deste debate é que só para Feijóo Galicia está mellor que hai cinco anos, e iso sitúao nunha soidade absoluta”

O secretario xeral do PSdeG afirma que “Galicia non merece un presidente de circunstancias” e asegura que “se Feijóo cambia e fai política para as persoas poderá contar co PSdeG, do contrario teranos en contra”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, analizou o resultado do Debate do Estado da Autonomía e afirmou que “a resposta deste Debate é que só para Núñez Feijóo Galicia está mellor que hai cinco anos”, e iso “sitúao ante unha soidade absoluta” e “unha situación de monólogo e falta de construción de país”. Gómez Besteiro apuntou que os socialistas esperaban “tres cousas” desta cita no Parlamento: “En primeiro lugar, que o presidente falara para os galegos e as galegas; en segundo lugar, que falase da realidade de Galicia; e en terceiro lugar, que dese solucións para os problemas dos galegos, que son moitos e moi graves”. Ante isto, afirma, a sociedade esperaba “que respondese á resposta de se estamos mellor, igual ou peor que hai cinco anos, desde que el goberna, e atopamos unha resposta claramente decepcionante: que só para Feijóo Galicia está mellor que hai cinco anos”.

O líder dos socialistas galegos asegura que esta resposta de Núñez Feijóo sitúao “como un presidente de circunstancias”, porque “o presidente di que depende todo da conxuntura, que nada depende del, e Galicia neste momento non merece un presidente de circunstancias”. Gómez Besteiro contrapuxo “a posición do PP” coa do PSdeG, que “propuxo solucións e falou dos problemas de Galicia” e ademais “apoiou iniciativas dos demais grupos, por certo, tamén do PP”.

Entre as medidas do PP que obtiveron o apoio socialista, Besteiro fixo mención á rebaixa do IRPF. “A medida estrela do PP parece que era a rebaixa de medio punto no IRPF, e o PSdeG apoiouna, a pesar de que dubide dos efectos reais que se van producir na vida dos galegos”, dixo o secretario xeral, que afondou en que esta decisión “pode supoñer como máximo sete euros ao mes na vida dos galegos, e por certo, motos deles que nin sequera teñen a obriga de presentar a declaración do imposto sobre a renda”. Pero o PSdeG “apoiuna”, dixo, “aínda que considere que é unha decisión incoherente coas que tomou antes, durante e despois do Debate, cando decide aumentar os impostos indirectos para todos e apoia as decisións de repago”.

“Tirou a toalla”
“Os socialistas esperabamos un espíritu construtivo, que a dereita fora quen de apoiar cuestións vitais para este país. Propuxemos dúas que parecían fundamentais: apoiar o crecemento cun plan de emprego e loitar por un sistema financeiro vinculado a Galicia”, lembrou Gómez Besteiro, que destacou que “as dúas cousas supoñen algo clave: crecer, medrar”. Sen embargo, dixo, “Núñez Feijóo, igual que fixo Rajoy, decidiu tirar a toalla, resignarse e non loitar polo emprego. Como fixo Rajoy antes do verán, cando renunciou a un obxectivo de lexislatura: crear emprego”.

A pesar disto, o socialista apelou ao “espíritu de diálogo” para seguir traballando, e engadiu que “se Feijóo muda a súa posición, se varía, cambia e fai política para as persoas, poderá contar co PSdeG; se non, teranos en contra”. Ante isto, dixo, “confío en que se poda virar” a situación. “Apoio e diálogo si, pero loxicamente pensando nas persoas”, destacou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar