Besteiro: “A reforma da xustiza dos gobernos de Rajoy e Feijóo é a historia dun fiasco, dunha privatización para alonxar os tribunais dos cidadáns”

Besteiro: “A reforma da xustiza dos gobernos de Rajoy e Feijóo é a historia dun fiasco, dunha privatización para alonxar os tribunais dos cidadáns”

Besteiro: “A reforma da xustiza dos gobernos de Rajoy e Feijóo é a historia dun fiasco, dunha privatización para alonxar os tribunais dos cidadáns”

BesteiroO secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, cualificou hoxe de “historia dun fiasco” a reforma da xustiza posta en marcha polo Partido Popular nos últimos anos, “unha privatización encuberta que alonxa os tribunais dos cidadáns”.

O líder dos socialistas galegos participou en Pontevedra nunhas xornadas sobre a situación da xustiza organizadas polo PSdeG local. “A Lei de taxas, o anteproxecto de Lei Orgánica de Poder Xudicial ou o intento de reforma do aborto forman parte do legado de Gallardón, co visto bo de Rajoy e aquí en Galicia de Alberto Núñez Feijóo, que sempre estivo da súa parte”, asegurou Besteiro.

“Os cidadáns non poder defender os seus dereitos nos tribunais por motivos económicos, un feito moi grave que deixa clara cal é a forma de facer política da dereita, sempre potenciando a desigualdade”, afirmou o secretario xeral do PSdeG. Os socialistas recurriron a Lei de taxas ante o Tribunal Constitucional, que aínda non se pronunciou.

“O propio Partido Popular recoñeceu hai exactamente un mes o fracaso da súa política en materia de Xustiza facendo dimitir ao ministro Gallardón, que puxo na súa contra a todos os axentes xurídicos: xuíces, avogados, fiscais, funcionarios de xulgados, e por suposto aos cidadáns”, aseverou Besteiro.

En opinión do máximo representante dos socialistas, “moitas das reformas do PP, no só as da xustiza, teñen dende o meu punto de vista un triste común denominador, xa que pregoando ser os garantes da Constitución e das medidas para salvar a patria, o que fan e cambiar o modelo, cambiar a concepción do Estado: máis frío, máis alonxado da xente normal, menos prestador de servizo, é dicir, netamente liberal no plano económico e prestacional”.

“Unha Xustiza independente, respectada como Poder do Estado e dotada dos medios necesarios para que alcance a súa necesaria eficiencia como servizo público de primeira orde social é fundamental nas democracias avanzadas; esta, e non outra, será a postura que os Socialistas Galegos defenderemos con todo o que somos”, rematou Besteiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar