Besteiro: "A irresponsabilidade de Feijóo pesa como unha lousa sobre o sector lácteo"

Besteiro: "A irresponsabilidade de Feijóo pesa como unha lousa sobre o sector lácteo"

Besteiro: "A irresponsabilidade de Feijóo pesa como unha lousa sobre o sector lácteo"

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que “a irresponsabilidade de Feijóo comeza a pesar como unha lousa” sobre o sector lácteo. Logo dunha xuntanza cos representantes dos sindicatos lácteos UUAA, Xóvenes Agricultores e SLG, instou ao presidente galego a superar a súa “falla de decisión” para “liderar a resposta a un problema que teñen os nosos gandeiros e que polo tanto ten o noso país”.

O líder dos socialistas galegos criticou a ausencia absoluta do goberno galego no apoio ao sector galego diante da desaparición do sistema de cotas lácteas e a liberalización do mercado. Esta situación coincide coa devolución á Xunta dende Bruxelas do Plan de Desenvolvemento Rural por telo elaborado sen consenso, co que un plan do que dependen 900 millóns de euros ata 2020 queda adiado ata finais de ano.

Sinalou que Galicia ten que afrontar esta traumática situación cos prezos do leite por debaixo do custe de produción mentres “non hai un papel activo da nosa administración” e “non hai quen defenda a produción láctea nin o modelo industrial de Galicia”. Lamentou o desleixo do goberno galego, “incapaz de intervir mentres os distribuidores actúan claramente en contra dos nosos produtores”.

Lembrou que na última xuntanza con Feijóo “trasladeille a necesidade e o compromiso de apoiar ao goberno galego en Madrid a pesares de que outros socialistas defenderan intereses diferentes”. Sen embargo, o presidente da Xunta desbotou facer uso deste apoio e mesmo renunciou a defender ao sector galego diante do goberno central.

Liderar

Gómez Besteiro confirmou hoxe o apoio dos socialistas galegos á plataforma que está a constituír o sector e que “coincide coas nosas preocupacións” na liña de que Galicia “sexa capaz de liderar” ao sector lácteo ao ser o maior produtor do Estado. Advertiu que “está por demostrar que o goberno estea comprometido co sector e non con outras cousas”

Esixiu un “goberno eficaz, que actúe, que resolva os problemas e defenda e lidere aos galegos e galegas que participan deste sector, que son moitos, e polo tanto moitas familias que viven do mundo do leito, onde tiñamos que ser referencia e non ter un problema”.

Criticou que a situación actual rexistra “tensións que reproducen xusto o que o PP e Feijóo dixeron que non ía acontecer”, cando negaron que quedarían gandeiros sen recoller o leite, ou que garantirían uns prezos por riba dos custes de produción. o líder socialista comparou a actuación de Feijóo coa súa xestión para reducir os prezos do combustible, e hoxe Galicia ten a gasolina mais cara de toda a península.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar