Berenxenal xurídico no concurso de traslados de persoal docente

Berenxenal xurídico no concurso de traslados de persoal docente

Berenxenal xurídico no concurso de traslados de persoal docente

libro_texto_colexioO Secretario de Educación do PSdeG e portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, esíxelle a Feijóo e ao novo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, que poñan fin ao “enorme desaguisado” provocado pola Xunta ao cambiar unilateralmente os baremos do concurso de traslados de 2014 para persoal docente-

Este ten derivado, apunta, en múltiples e contraditorias sentenzas xudiciais ao longo dos últimos meses, e que “teñen totalmente descolocados e divididos a milleiros de profesores e profesoras en Galicia”.

“Os socialistas xa advertimos no seu momento –apunta Docasar- de que esta situación era intolerable”, e que suporía na práctica un “efecto dominó en todo o sistema educativo galego” pola actitude mostrada nese asunto tanto polo conselleiro Vázquez como polo propio presidente Feijóo.

Son miles os profesores e profesoras afectados por esta lamentable situación, froito dunha maneira de “mandar” , que non é o mesmo que “gobernar”, engade o responsable solcialista. Nun caso as decisións tómanse escoitando á cidadanía e noutro caso as decisións tómanse “ninguneando” á cidadanía, e “as consecuencias son as que agora está a sufrir o colectivo docente”.

O Secretario de Educación do PSdeG pídelle ao presidente da Xunta e ao novo conselleiro de Educación que “pensen a onde os leva tanta soberbia e tanta borracheira de poder, situación que os leva con demasiada frecuencia a confundir maioría absoluta con verdade absoluta, desprezando as suxestións e aportacións que facemos todos os demáis”.

Lembra Vicente Docasar que o goberno galego podería ter evitado este “tsunami no funcionamento do sistema educativo galego” de ter escoitado as chamadas de atención enviadas pola comunidade educativa afectada e mesmo por min hai case un ano.

Lembra tamén que o Grupo Socialista levou o asunto ao Parlamento por primeira vez o 26 de marzo de 2014 e a Xunta o que fixo foi publicar de maneira apresurada o concurso definitivo o 1 de abril, cousa que nunca antes se fixera con tanta celeridade nos últimos 20 anos.

Dende entón, o goberno galego “ninguneou” tódalas chamadas de atención feitas polos socialistas galegos demandando “buscar unha solución antes de que pasara o que agora pasou”. Dende o primeiro momento, sinala, “dixemos que era mais que evidente que se estaban comportando cunha enorme irresponsabilidade e insensatez, e que estaban metendo na inseguridade xurídica ao conxunto dos docentes galegos”.

Esa era a conclusión máis esperada do cambio das regras de xogo do concurso de traslados, equiparando o baremo de interinos e funcionarios de carreira, cambiando os criterios de tódolos concursos anteriores e vulnerando polo camiño o decreto estatal que regula os baremos para tódalas comunidades autónomas, incluída Galicia.

O deputado socialisna sinala que esta situación “ten ocasionado ademais importantes divisións entre o colectivo do profesorado, pois é evidente que hai beneficiados e perxudicados nese proceso”.

Novo colectivo

A modificación das regras de xogo que viñan sendo habituais provocou e seguirá a provocar as protestas dos profesores e profesoras afectados, recursos nos tribunais, denuncias ante o Valedor do Pobo, e agora aparece tamén outro colectivo afectado: profesorado que estando destinado actualmente fóra de Galicia quere volver e non pode, xa que o concurso de traslados convocado para 2015 faino imposible, aparecendo neste caso un novo colectivo que ameaza coa vía xudicial.

En definitiva, unha chapuza xurídica provocada “pola soberbia dun goberno galego borracho de poder, instalado no altar da súa maioría absoluta e que non escoita absolutamente a ninguén”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar