Beatriz Sestayo solicita un fondo de indemnización ás vítimas do amianto

Beatriz Sestayo solicita un fondo de indemnización ás vítimas do amianto

Beatriz Sestayo solicita un fondo de indemnización ás vítimas do amianto

A parlamentaria socialista sinala que Ferrol é o lugar de Europa con mais casos de afectados polo amianto rexistrados

A parlamentaria socialista Beatriz Sestayo presentou na Comisión de Sanidade do Parlamento unha Proposición non de Lei na que solicita a creación dun Fondo Estatal de Indemnización ás vítimas do amianto, que foi rexeitado polo PP. Sestayo sinala que Ferrol é o lugar de Europa con mais casos de persoas afectada polo amianto, logo dos anos de traballo nos estaleiros sen a protección acaída.

A deputada socialista apunta que esta cidade galega ten unha alta incidencia de casos de mesotelioma, enfermidade vencellada á exposición a esta substancia en mais do 90 por cento dos casos. Explica que moitos dos traballadores dos estaleiros, que entraron aos 14 anos na escola de aprendices da antiga Bazán, estiveron expostos ás partículas sen unha información “agochada conscientemente cando xa se coñecía o seu efecto canceríxeno”.

A incidencia é tal, sinala, que o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño puxo en funcionamento a unidade de atención aos doentes afectados polo amianto no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Na actualidade a dita unidade atende a 1.136 doentes, polo que se atopa desbordada e acumula listas de espera cunha demora de un ano “nunha patoloxía onde o atraso de atención conduce indefectible á morte”.

Lamentou que os afectados “vense abocados a pasar por un calvario de procesos xudiciais, nos que é frecuente ver aos demandantes profundamente diezmados pola patoloxía ou ben ás súas viúvas”, malia que hoxe está demostrada a súa relación con casos de cancro de pleura ou pulmón.

Instituto

Sestayo lamentou que o PP votara en contra da posta en marcha, na cidade de Ferrol, do Instituto Galego do Amianto. Considera “de xustiza” que “quen non tomou as medidas para evitar a exposición dos traballadores ao amianto, quen ocultou torticeiramente os efectos letais, repare a vida das persoas na medida do posible”.

Por este motivo reclama a creación dun Fondo de Indemnización con cargo ás entidades aseguradoras, ás empresas e ao Estado a través do Instituto Nacional da Seguridade Social, que inclúa un fondo para investigación do cancro derivado da exposición ao amianto. Tamén solicita un programa de vixilancia epidemiolóxica de mesoteliomas e a creación do Instituto Galego do Amianto, coa participación da comunidade científica.

A iniciativa inclúe ademais a “creación de comisións e/ou outras vías parlamentarias para efectuar unha diagnose da situación en Galicia e no conxunto do Estado co fin de elaborar as correspondentes propostas xurídicas, políticas e económicas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar