Sestayo considera “inaceptable” e “intolerable” que a SEPI convoque a comisión de seguimento do dique flotante despois das eleccións autonómicas

Sestayo considera “inaceptable” e “intolerable” que a SEPI convoque a comisión de seguimento do dique flotante despois das eleccións autonómicas

Sestayo considera “inaceptable” e “intolerable” que a SEPI convoque a comisión de seguimento do dique flotante despois das eleccións autonómicas

“Resulta totalmente inaceptable, intolerable e unha clara maniobra electoralista que a SEPI convoque aos sindicatos e alcaldes a unha reunión da comisión de seguimento do dique flotante para o día 24, curiosamente uns días despois dos comicios autonómicos”. Con estas palabras cualificaba a candidata socialista ao Parlamento, Beatriz Sestayo, o anunciado onte pola máxima responsable de Navantia que, como se encargou de subliñar a responsable do PSOE, está xestionada polo Partido Popular.

“Ese PP que nega o dique baseándose en presuntos informes financieiros feitos por eles mesmos e que lle adica cero euros nos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano quere agora marear a perdiz e tomar o pelo á cidadanía en xeral, e traballadores do naval en particular, poñendo unha data a unha reunión co único obxectivo de calar a estas persoas desesperadas porque non teñen carga de traballo e ven perigar o seu posto para o futuro e, así, poder sacarlle algún rédito electoral”, afirmou Sestayo. A candidata socialista esixiu á SEPI, Navantia e o Partido Popular que convoquen ese encontro que agarda dende agosto nos vindeiros días –en ningún caso despois das eleccións- e “expliquen na cara dos traballadores e traballadoras o porqué da escapada e negativa  de Feijóo no debate con Pachi Vázquez do luns sobre a necesidade de construir o dique flotante e o porqué deses cero euros nos orzamentos para unha infraestrutura da que o propio Feijóo se convertira en aval persoal”.

“Supoño que non será doado explicar as mentiras e xustificar o pasotismo do PP co naval desta ría ao longo dos últimos anos, pero os traballadores e traballadoras merecen un respecto e unha explicación porquese está a xogar co seu pan”, aseverou Beatriz Sestayo, que rematou dicindo que “o PP está ferindo de morte ao naval e, dado o carácter estratéxico do mesmo, está matando lentamente a esta comarca”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar