Beatriz Sestayo denuncia “coacción” da Xunta ao obrigar aos concellos a presentar proxectos consorciados para discriminar aos que non sexan do PP

Beatriz Sestayo denuncia “coacción” da Xunta ao obrigar aos concellos a presentar proxectos consorciados para discriminar aos que non sexan do PP

Beatriz Sestayo denuncia “coacción” da Xunta ao obrigar aos concellos a presentar proxectos consorciados para discriminar aos que non sexan do PP

Sestayo advirte que o goberno galego está “disposto a aniquilar aos concellos pola vía da asfixia financeira”

sestayoA portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou a “coacción” e “condutas coercitivas” por parte do goberno galego para restrinxir as axudas autonómicas aos concellos que non sexan do PP. Así o dixo no debate dunha pregunta na Comisión Institucional do Parlamento celebrada hoxe.

A deputada socialista explicou que o goberno galego prioriza as axudas aos proxectos consorciados entre distintos concellos para quitarlle as axudas aos municipios que por ter distinta cor política queden illados e non poidan presentar unha iniciativa conxunta por ser de distinta cor política. Advertiu que esta práctica evidencia que “están dispostos a aniquilar aos concellos tamén pola vía da asfixia financeira”.

Sestayo dixo que os proxectos municipais que opten á subvención do goberno galego obteñen un 80 por cento de puntuación si o proxecto está consorciado, mentres tan só o 20 por cento restante abrangue cuestións como o número de beneficiarios, a calidade, o número de empregos que xera ou ás persoas de colectivos sensibles ás que beneficia.

Pola vía da forza

Este feito, dixo, supón que “o que non se consegue polo voluntarismo dos concellos pretenden facelo pola vía da forza”, co que proxectos coma o Centro de Información á Muller de Ares, que conta coas mellores cualificacións, desaparecerá porque o goberno galego prioriza o proxecto do concello de Fene, do PP, só porque o presenta consorciado.

Dixo neste sentido que “unha escola obradoiro con 9 anos de trabalo, que contrate a persoal desempregados, discapacitados, mulleres vítimas de violencia e colectivos en risco de exclusión, que ten un 10 en tódolos parámetros, perderá a axuda porque non se presenta consorciado con outro concello do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar