Para Sestayo é “infame” que o PP denuncie aos traballadores que van quedar no paro

Para Sestayo é “infame” que o PP denuncie aos traballadores que van quedar no paro

Para Sestayo é “infame” que o PP denuncie aos traballadores que van quedar no paro

A denuncia formalizada no Xulgado de Ferrol polo PP polo incidente acontecido a noite da pegada de carteis foi duramente rexeitada pola candidata socialista ao Parlamento, Beatriz Sestayo. Para Sestayo, resulta “infame” que o “Partido Popular toree, minta sen ningún tipo de escrúpulo e, agora, denuncie no Xulgado aos traballadores e traballadoras que se atopan nunha situación desesperada”, con moitos no paro e outros moitos a piques de pasar á situación de desemprego. Ademais, cualificou como “esperpéntico” o acto que montaron para presentar a denuncian contra “todos”, desprazando ata o Xulgado ferrolán á plan maior do Partido Popular, tanto a nivel local como autonómico.

“Primeiro, prometen un dique flotante ao que agora ignoran con cero euros nos Orzamentos e cunha reunión que nun principio non pensaban convocar e agora a fixan para despois das eleccións para evitar ter que anunciar unha nova negativa antes do 21-O; despois montan todo un culebrón en torno a uns presuntos contratos con Pemex para construir un barco en Navantia, que non queren mostrar a ninguén –agás ao alcalde de Ferrol, tal e como el mesmo afirma, porque debe ser un privilexiado sobre o resto dos mortais-; e agora denuncian a todos aos que marean xogando coas súas expectativas laborais”, manifestou.

Así mesmo, Sestayo esixiu ao alcalde “popular” unha rectificación ás acusacións realizadas contra a propia candidata socialista despois do incidente, toda vez que fontes da Policía Local aseguraron públicamente (así o recolle a prensa) que o concelleiro de Seguridade, Pablo Cal, deulles ordes de protexer a José Manuel Rey Varela.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar