Beatriz Sestayo advirte que a reforma da Lei de Administración Local constitúe un "ataque frontal á democracia" e "deixa aos alcaldes como conserxes"

Beatriz Sestayo advirte que a reforma da Lei de Administración Local constitúe un "ataque frontal á democracia" e "deixa aos alcaldes como conserxes"

Beatriz Sestayo advirte que a reforma da Lei de Administración Local constitúe un "ataque frontal á democracia" e "deixa aos alcaldes como conserxes"

Beatriz Sestayo desafía ao PP a demostrar a súa discrepancia coa norma presentando un recurso de inconstitucionalidade

A portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, advertiu hoxe que a reforma da Lei de Administración Local constitúe un “ataque frontal á democracia e ao municipalismo” por parte do PP. No debate en Comisión do ditame da lei de racionalidade da Administración local, desafiou ao PP a demostrar a súa discrepancia recorrendo unha lei “claramente inconstitucional”.

A deputada socialista cualificou a dita reforma por parte do goberno central, sumada á Lei galega, de “chapuza que supón a morte da autonomía local, a morte do que quedaba do Título VIII da Constitución –da organización territorial do Estado- e a agonía do municipalismo”. Criticou que a norma “invade” as competencias atribuídas aos concellos pola Constitución para outorgárllelas á Xunta e ás deputacións.

Lamentou o “papelón dificilmente descritible” xogado polo PP galego neste debate, anunciando en Galicia a súa discrepancia coa norma para que a continuación o conselleiro da Vicepresidencia fora ao Senado a “aplaudirlle a Rajoy e Montoro” a reforma da Lei. Considera unha “mágoa” que o propio Rueda “se axeonlle fronte a unha imposición que destrúe a identidade de Galicia e do municipalismo”.

Sinalou que o PP “supedita a administración local a criterios mercantilistas”, liquidando o principio de autonomía e suficiencia financeira “a golpe de 20 minutos”, que foi o que tardaron, explicou, en “despachar o debate en ponencia” da Lei galega. Lamentou que “optaron por unha folla de ruta centralizadora e privatizadora” grazas ao “rodillo” da maioría do PP, que aprobou hoxe en solitario o ditame.

Explicou que este partido mantense “alleo á cidadanía” á que lle furtan en último estremo as competencias en materia de servizos sociais que ata o momento prestaban os concellos. Este é o motivo que explica o rexeitamento ás emendas socialistas para garantir que o exercicio de actividades dos concellos “non suporá subordinación a outras administracións” e para blindar a súa capacidade de autoorganización.

Sestayo acusou ao PP de encetar un “ataque suicida ao Estado Social e Democrático de Dereito” través dunha norma que se explica unicamente “para conservar as fontes de poder” e resulta “difícil de concibir para o conxunto dos cidadáns”. Reclamoulles que “si tan mala cren que é a Lei do goberno central teñen que recorrela e non someterse a ela” porque, lembrou, “estamos para defender a Galicia”.

Consello Consultivo

A deputada socialista interveu tamén na comparecencia dos tres candidatos propostos polos grupos parlamentarios como membros do Consello Consultivo de Galicia, que alabou como órgano de asesoría xurídica e pola súa función como “control da legalidade, para evitar o desprazamento das normas con respecto ao marco constitucional e os principios baixo os que a sociedade galega decidiu convivir”.

Sestayo abriu o debate sobre a necesidade de concederlle a este órgano capacidade como instrumento de prevención da corrupción política. Sestayo lembrou as palabras da presidenta do Consello Consultivo, que nunha recente comparecencia advertía do desaproveitamento deste órgano á hora de analizar e prever posibles casos de corrupción.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar