Batería de solicitudes de comparecencias pola imputación do conselleiro do Consello de Contas Dositeo Rodríguez

Batería de solicitudes de comparecencias pola imputación do conselleiro do Consello de Contas Dositeo Rodríguez

O Grupo Socialista ven de presentar a solicitude de comparecencia dos conselleiros de Facenda e Cultura para explicar a relación da Xunta coa imputación polos presuntos delitos de malversación, estafa e apropiación indebida contra o ex conselleiro de Presidencia e actual conselleiro do Consello de Contas, Dositeo Rodríguez, como membro do Padroado da Fundación Camilo José Cela en 2010. Tamén reclaman a comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas para dar conta da situación do ente fiscalizador logo de coñecer esta decisión xudicial.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou ademais unha pregunta oral na que critica que “ata hoxe, nin a Xunta nin o Consello de Contas teñen expresado opinión sobre un feito preocupante”. Este caso, puntualiza, afecta a unha persoa que “ten a responsabilidade de fiscalizar as contas do sector público galego, tamén da devandita Fundación”.

A persoa imputada “tería tomado decisións a medio dunha empregada da entidade que resulta ser a filla”, co que “xurde unha tripla papel desa persoa, como patrón, pai e fiscalizador que pon en cuestión a súa presunta independencia de criterio”. Engade que Rodríguez conta “cunha longa traxectoria política desa persoa no Parlamento, na Xunta, no Concello de Santiago e na Deputación Provincial que engaden representatividade política ao nomeamento”.

O responsable socialista reclama unha valoración do goberno galego sobre si “se ten producido conflito de intereses coas funcións que desempeña o imputado no Consello de Contas”.

Conselleiros de Facenda e Cultura

Os socialistas galegos sinalan que a Fundación é un ente de carácter público dende o ano 2012 do que o goberno galego ten que render contas, máxime cando “segundo os medios de comunicación a resolución xudicial revela que, entre outros, a instrutora investiga tamén o papel que neste tema tiveron o actual conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, entón secretario xeral de Presidencia, e o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

A entidade está a ser investigada por un delito de malversación, estafa e apropiación indebida, un proceso no que a xuíza decidiu imputar ao ex conselleiro da Xunta e actual membro do Consello de Contas Dositeo Rodríguez pola súa vinculación co despedimento do que fora director xerente desta entidade, Tomás Cavanna.

A instrutora considera que o dito despedimento fora “simulado e pagado con fondos públicos, sen consentimento das administracións que financiaban a entidade”. No mes de xullo de 2010, a Xunta incrementou o importe do convenio coa Fundación para cubrir un plan de viabilidade incluíndo a dita indemnización, que a xuíz considera que foi simulada baseándose nus correos electrónicos nos que estarían Dositeo Rodríguez e a súa filla, daquela subdirectora da Fundación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar