Barcón esixe á Xunta que garanta a independencia da APLU e a elección da súa dirección por consenso

Barcón esixe á Xunta que garanta a independencia da APLU e a elección da súa dirección por consenso

Barcón esixe á Xunta que garanta a independencia da APLU e a elección da súa dirección por consenso

A portavoz de Territorio e Política Local do Grupo Socialista, Mar Barcón, reclamou á Xunta que “reforce o papel da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística” así como a súa independencia. Así o sinala nunha moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento que, dixo Barcón, “retratará si o PP está coa especulación inmobiliaria”.

Barcón apela ao Pacto polo Territorio para reclamar consenso coas forzas políticas parlamentarias na elección da dirección deste organismo “orixinalmente creado para garantir a legalidade urbanística pero que foi subvertido polo PP para empregalo como arma política partidaria”. Esixe así acordo á hora de reforzar o papel e a independencia do organismo, así como a duración do mandato da súa directiva.

A responsable socialista sinala que este organismo debe presentar anualmente, diante da Cámara autonómica, un Plan de Inspección que determine as súas actuacións levadas a cabo e permita o seu debate e as aportacións das tres forzas parlamentarias actualmente representadas no Hórreo.

Criticou a actitude do PP que, dende a chegada de Feijóo á Xunta, cambiou os estatutos da APLU para amparar unha “manipulación continuada do organismo, utilizando os seus recursos para atacar aos adversarios políticos, filtrar documentos para empregalos interesadamente e tapar os problemas dos supostos amigos políticos”.

Retirar competencias

Nesta proposta, que será debatida no próximo Pleno do Parlamento, a responsable socialista reclama á Xunta que retire as competencias urbanísticas dos concellos de Barreiros e Fisterra, “logo das sentencias xudiciais anulando milleiros de licencias”. Dixo que ámbolos dous casos son “o máis claro exemplo de que a actuación da APLU ten máis que ver coa militancia e os intereses económicos que co respecto á legalidade”.

Lamentou que o PP teña feito deste organismo “unha tomadura de pelo, un chiste da realidade para a que foi concibido” durante a pasada lexislatura e esixiu á Xunta que “poña coto aos desmans dos alcaldes do PP, asuma as súas responsabilidades e vele pola legalidade urbanística”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar