Barcón di que a APLU é un instrumento de manipulación urbanistíca

Barcón di que a APLU é un instrumento de manipulación urbanistíca

Barcón di que a APLU é un instrumento de manipulación urbanistíca

A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón interveu no Pleno da Cámara Autonómica para interpelar á Xunta sobre definición de prioridades e o plan de traballo anual da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e o anuncio das súas actuacións e as súas previsións. Alí denunciou “o retroceso que a disciplina urbanística, a legalidade no mundo do urbanismo, a protección do territorio, os dereitos lexítimos dos cidadáns e o noso patrimonio natural sofren dende a chegada de Feijoo en Galicia”.

A deputada dixo na súa intervención que os organigramas da Xunta non resolven os problemas e os repartos competenciais, e advertiu “xa que non son suficientes cando non hai nin eficacia nin capacidade nin vontade de facelo”, subliñou.

A parlamentaria socialista replicou “que as modificación na APLU non anunciaban nada bo”. E cualifico o percorrido do urbanismo en Galicia “coma a historia do litoral entre Barreiros e Fisterra”. Dixo que é “un triste percorrido que ameaza con converter o territorio nun taboleiro de xogo, especulación e favores políticos”, e proseguiu “no que a Xunta fai tempo que renunciou a ser o árbitro, e situouse, claramente no desleixo e o desprezo pola norma”.

A portavoz do PSdeG-PSOE tamén denunciou a “domesticación da APLU”. Lembrou que no ano 2009, Núñez Feijoo impulsou unha planificada reorganización da Axencia que pasou polo cambio estatutario, o cambio na dirección e a modificación das competencias. E aludiu as declaracións do Alcalde de Barreiros sobre este asunto, xa que sinalou que esta reestructuración “era unha moi boa nova, porque así lle quitaban de diante ao equipo que o denunciara”.

Barreiros

Barcon afirma que a legalidade da APLU e o seu cumprimento “ten que ver mais coa militancia e os intereses económicos da persoa afectada”, espetou. E puxo como exemplo o convenio asinado co Concello de Barreiros, por un importe de 14 millóns de euros, destinados para suplir as deficiencias de servizos de urbanizacións privadas construídas, autorizadas e impulsadas por un goberno municipal do PP que desatendeu todos os requirimentos que se lle fixeron para que respectara a lei, e que non quixo atender os requerimentos feitos dende o anterior goberno autonómico.

Dixo que esta decisión ten que ver con intereses de amigos dos amigos, e que obvia esixir ningunha responsabilidade, nin sequera política, ao primeiro muñidor de tal desfeita, que ten nome e apelidos, Alfonso Fuente Parga, Alcalde de Barreiros.

Gondomar

Tamén puxo de exemplo o exemplo urbanístico de Gondomar, e replicou que si “con Barreiros foi arroxado nas decisións, con Gondomar preferiu a prudencia e evitou tomar cartas no mantemento da legalidade urbanística, tolerando actuacións, que rematan todas e cada unha delas nos tribunais”, e insistiu “pero aí manda o interese do señor Louzán e de novo o interese xeral é sacrificado diante do partido”.

Fisterra

Sobre o urbanismo en Fisterra lembrou que dende fai unhas semanas confírmanse sentenzas do TSXG relativas á nulidade das licenzas outorgadas na recta da Anchoa en Fisterra. E aseverou “este escándalo tamén ten nome e apelidos: o do Alcalde de Fisterra, Jose Manuel Traba, un Alcalde que presume que non vive da política, como lle gusta ao Presidente da Xunta, os señores Pose e Muiño, donos dunha promotora afectada, e sobriños don entón alcalde de Muxía e o hoxe portavoz popular, Alberto Blanco e Daniel Domínguez, fillo do entón alcalde de Cee. Preguntoulle ao Conselleiro “si avala o urbanismo de Fisterra, e si tamén van a firmar un convenio como fixeron co Concello de Barreiros?”.

Tomadura de pelo

Barcon dixo que hai unha manipulación continuada da APLU, utilizando os recursos deste organismo para atacar aos adversarios políticos, filtrar documentos, e tapar problemas dos amigos. Por ultimo cualificou a folla de ruta urbanística de Galicia “como unha tomadura de pelo”, emprazou ao Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras a “poñer coto aos desmans aos Alcaldes do Partido Popular, e asumir a súa responsabilidades para velar pola legalidade urbanística”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar