Barcón denuncia que APLU actúa para facer axustizamentos e persecución política

Barcón denuncia que APLU actúa para facer axustizamentos e persecución política

Barcón denuncia que APLU actúa para facer axustizamentos e persecución política

A portavoz de Política Municipal do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Mar Barcón interveu no Pleno da Cámara Autonómica para defender unha moción na que reclamou a Xunta presentar anualmente no Parlamento un Plan de Inspección da APLU. E tamén consensuar coas forzas políticas a través do Pacto polo Territorio, a formula de elección da dirección deste organismo e reforzar o seu papel e a súa independencia. Solicita ademais asumir as súas competencias urbanísticas dos concellos de Barreiros e Fisterra. A iniciativa foi rexeitada polo Partido Popular.

A portavoz do PSdeG-PSOE denunciou na súa intervención a “domesticación da APLU” que cualificou como “vergoñenta”. Lembrou que no ano 2009, Núñez Feijoo impulsou unha planificada reorganización da Axencia que pasou polo cambio estatutario, o cambio na dirección e a modificación das competencias e nos organigramas. A maiores criticou que se utilizan os seus recursos “para atacar aos adversarios políticos que non son do PP”. Así as cousas asevera que con este cambio de rumbo “o espírito da APLU quedou completamente desvirtuado e politizado”.

Barcon afirma que APLU iniciou unha folla de ruta perigosa “tratando casos iguais de xeito distinto, e donde se mira mais a cor política de cada concello.”

Lamentou que este organismo non se utilice para protexer os dereitos dos cidadáns ou para defender con rotundidade o noso patrimonio natural, e dixo que se utiliza para facer axustizamentos e persecución política. E insistiu nas súas criticas “e para permitir as irregularidades en concellos como de Barreiros ou Fisterra”. Explicou que estes dous casos enchen aos galegos de indignación “xa que favoreceron a especulación como única política urbanísticas destes concellos”.

Barreiros e Fisterra

Sinalou que o convenio de Barreiros “tapa vergoñas dun goberno municipal que preferiu enterrar o noso patrimonio natural, obrigando a administración autonómica a pagar por uns servicios que tiñan que dotar os propios promotores”, resumiu.

Barcon cuestionou que o Presidente da Xunta vaia a Fisterra a anunciar que se lle vaia dar unha saída a urbanizacións que teñen como único servicios de saneamento fosas sépticas, algo que cualificou como “unha inmoralidade xa que vai facerse con cargos públicos”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar