Barcón denuncia o cinismo de Rodríguez Miranda

Barcón denuncia o cinismo de Rodríguez Miranda

Barcón denuncia o cinismo de Rodríguez Miranda

A portavoz e secretaria de Política Municipal do PSdeG, Mar Barcón, denuncia o cinismo de Miranda que “critica ao Goberno central, que mais fondos leva aportado aos concellos, mentres avala os recortes e o partidismo da Xunta de Galicia, que baixa a súa aportacións aos concellos, nun momento de especial dificultade para eles”

Neste senso, a socialista apuntou que “Rodríguez Miranda debeuse esquecer que grazas ao Plan E, orientado a estimular a economía local e o emprego, os alcaldes do PP, ao igual que os de outros partidos políticos, puideron facer obras e inversións, co fin de mellorar a vida dos seus veciños e mellorar os servizos de pobos, vilas e cidades”.

Barcón subliñou ademais que “este ano, os concellos recibirán do Estado un 9,2% máis, froito dese compromiso manifesto de Zapatero, e polo tanto, non hai ningún afán recadatorio por parte do Estado como denuncian algúns, senón máis ben todo o contrario”.

“Non hai dúbida de que o compromiso do Goberno de Zapatero para cos concellos galegos, de tódalas cores políticas, é unha realidade”, aseverou.

Ademais subliñou que “a diferenza do Executivo central, que reparte cartos por igual, con independencia da cor política, en Galicia atopámonos cun Goberno que se dedica a beneficiar aos concellos amigos repartindo subvencións, sempre de xeito electoralista e partidista co fin de sacar o maior rédito político.

Por último, reclamou “un compromiso real da Xunta co municipalismo que leva vinte meses sometido ó olvido e ó desleixo dun Goberno a medio camiño entre a incompetencia e a deslealdade”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar