Axudas para a rehabilitación de hórreos

Axudas para a rehabilitación de hórreos

Axudas para a rehabilitación de hórreos

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, reivindicou hoxe a habilitación de axudas específicas para rehabilitación dos hórreos e demais elementos etnográficos vinculados a vivendas. A responsable socialista advertiu, no debate dunha pregunta oral en Comisión, da ausencia destes elementos do Plan Estatal de Vivenda en vigor, e reclamou a súa incorporación no novo Plan, agora en fase de borrador.

Pierres explicou que estes elementos son considerados BIC no caso de ter sido construídos antes de 1901, pero carecen de axudas estatais ou autonómicas, o que os pon en serio perigo porque “son máis entendidos como cargas para os propietarios”. As oficinas das Áreas de Rehabilitación Integral –ARI-, dixo, teñen serios problemas para tramitar axudas do Plan estatal.

É o caso, sinalou, do núcleo de Combarro, no concello de Poio, tamén declarado ARI, e onde a presenza dos hórreos claramente vencellados ás vivendas “compón unha das contornas patrimoniais máis singulares de Galicia”.

Sinalou que incluílos como “feito subvencionable” no novo Plan de Vivenda Estatal 2018 – 2021 permitiría “abrir a porta á conservación da meirande parte dos mesmos en Galicia”. A responsable socialista puntualizou que “non explorar todas as vías para conseguir as axudas que favorezan a conservación do patrimonio é cando menos unha osadía que Galicia non se pode permitir”.

Explicou que consideralos como parte das vivendas despexaría a súa protección como elementos singulares, tal e como sucede, dixo, co “interese das fachadas, o ritmo dos ocos, a existencia de patíns e escaleiras singulares, carpinterías orixinarias ou escudos nas fachadas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar