Axudas pírricas e retrasos de dous anos polos danos ocasionados polo lobo

Axudas pírricas e retrasos de dous anos polos danos ocasionados polo lobo

Axudas pírricas e retrasos de dous anos polos danos ocasionados polo lobo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, alertou hoxe de retrasos de ata dous anos nas axudas que concede a Xunta aos gandeiros por danos ocasionados polo lobo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral polos “estragos” que provoca esta especie na cabana caprina e vacuna.

Sinalou que “hai un ano pagáronse as subvencións pendentes de 2014 e 2015, e agora estanse a pagar as que quedan de 2016, antes de comezar coas de 2017”. Reclamoulle “maior esforzo en axilizar as axudas e máis eficacia na concesión das axudas”, logo de que a Xunta anunciara unha revisión dos baremos de axudas e de que só gastaran 260.000 dos 400.000 euros para prevención “por descoñecemento dos gandeiros”.

A responsable socialista sinalou que o goberno galego só pague 26 euros de indemnización por cada res que custa 60 euros sen ter en conta os gastos de mantemento. Resumiu que “a media de tempo para cobrar as indemnizacións é de 2 anos, non se identifican as especies e non se pagan máis as preñadas que as que non o están”.

Puxo como exemplo que “o lobo está a causar estragos na cabana caprina e vacuna” en Viascón e Carballedo, no concello de Cercedo – Cotobade, e sinalou o caso dun gandeiro que “pasou de ter 76 cabras e 15 cabritos, 4 cans e un becerro a só 38 cabras e 2 cans ea día de hoxe non recibiu un euro das axudas solicitadas en 2016”.

Mentres, dixo, a Xunta “descoñece se é que na zona se teñen asentado novos grupos desprazados doutros territorios ou atraídos pola presenza dunha gran cabana de gando ou se se trata de exemplares máis voraces ou experimentados que en anos anteriores”.

Alertou de que “a situación é tan extrema que ata hai gandeiros que teñen permiso oficial para facer agardas nocturnas ao lobo”, mentres “a Xunta continúa sen dicir nada sobre a continuación do Plan de xestión e nada se ten orzamentado para o seu desenvolvemento”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar