Axudas para as familias e emprego de calidade, as vías para recuperar a crise demográfica

Axudas para as familias e emprego de calidade, as vías para recuperar a crise demográfica

Axudas para as familias e emprego de calidade, as vías para recuperar a crise demográfica

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propúxolle hoxe a Feijóo un acordo global para mellorar as políticas de recuperación demográfica. Na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento, chamou a acordar axudas estables para familias con fillos de 0 a 16 anos e a consolidación de emprego de calidade para mozos e mozas.

O responsable socialista chamou a aplicar políticas dirixidas tanto a impulsar o número de nacementos como a mellorar a situación laboral dos mozos e mozas para frear a emigración e mesmo acadar o seu retorno, con melloras laborais, políticas de conciliación e servizos públicos. Reclamou así cambiar as “axudas electorais dispersas e continxente” por un “esquema estable” de consenso dirixido a familias con menos recursos.

Tamén considerou fundamental garantir emprego de calidade para mozos e mozas que remate coa emigración laboral inaugurada coa chegada de Feijóo, que provocou, dixo, que Galicia teña hoxe 100.000 xóvenes ocupados menos. Responsabilizou ao presidente da Xunta da baixa execución do programa de Promoción do Emprego en 2015 e 2016, ou de que o programa de formación de ocupados non fora convocado en 2016.

Fernández Lecieaga puxo no debe do goberno galego a baixa execución dos programas de formación de ocupados e parados, e acusou a Feijóo de “premiar ao conselleiro Conde –Economía, Emprego e Industria- cando non é capaz de levar a cabo dilixentemente estas políticas e programas”.

Retórica forte, políticas ineficaces

O portavoz socialista censurou a “retórica forte e políticas ineficaces” executadas polo goberno galego en base a “intereses electorais” que se demostran “sen resultados efectivos”. Dixo así que a coñecida como Tarxeta Benvida demóstrase ineficaz porque “seguen reducíndose os nacementos”, e a dedución de 350 euros no IRPF durante tres anos resulta “insuficiente”.

Dixo que a política demográfica constitúe “o principal fracaso dos gobernos conservadores en Galicia”, que levaron a situala entre as tres rexións coa fecundidade máis baixa de toda Europa. Foi así, explicou, logo de 4 anos por debaixo dos 20.000 nacementos, “aproximándonos á menor cifra de toda a serie histórica”, pulverizando tódolos récords dende 2013 con 10.000 mortes máis que nacementos cada ano e un só fillo por cada muller en idade fértil.

O saldo migratorio dalle a puntilla á crise demográfica de Galicia, con catro anos de saldo “sempre negativo”, co que de acordo co IGE, sinalou, en 35 anos “haberá un millón de galegos menos”. Criticou o fracaso do Plan de Revitalización Demográfica de 2013, baseado en “campañas publicitarias para convencer ás familias de ter máis fillos”, que se demostra fracasado ao afastarse cada ano do obxectivo de fecundidade, fixado no 1,6 para 2020.

Observatorio de Dinamización

Os socialistas galegos responden critican a “proposta baleira” de Feijóo de integrarse como partido no Observatorio Galego de Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social. Logo da proposta lanzada na última quenda polo presidente da Xunta, que deixou sen réplica ao portavoz socialista, lembran que este organismo non contempla a presenza dos partidos políticos.

Neste sentido, Xoaquín Fernández Leiceaga anuncia que o Grupo Socialista presentara iniciativas parlamentarias para facer isto posible e modificar o Observatorio para convertelo nun órgano independente e non dependente do Goberno.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar