Axuda urxente para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

Axuda urxente para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

Axuda urxente para recuperar a produción galega de semente de bivalvos

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, ven de reclamar á Xunta axuda urxente para “recuperar e poñer en activo” as instalacións acuícolas destinadas á produción de semente de bivalvos que “como consecuencia da crise ou por causas alleas á súa propia actividade están paradas ou abandonadas”.

Soneira reclama “liñas de apoio, axuda e subvención de proxectos que teñan por finalidade a investigación, produción e cultivo de semente de bivalvos”. Reclama tamén que o Goberno galego promova “os estudos necesarios que nos permitan coñecer as nosas necesidades de semente de bivalvos no presente e no futuro a medio e longo prazo”.

Sinala as “carencias” no esforzo da Xunta de cara ao I+D+i destas producións “que involucran no seu contorno a un número importante de actividades que xeran actividade económica e emprego moi cualificado”. Apunta que o Goberno galego “parece descoñecer que cada euro investido no desenvolvemento desta actividade ten retornos económicos, laborais e científicos que poden supor unha revolución para o futuro da acuicultura”.

A responsable socialista lembra que Galicia é “a primeira rexión marisqueira europea en canto á produción de bivalvos extraídos de bancos naturais que, cada día mais, parécense mais a leiras onde se realizan labores case idénticas ás que se levan a cabo na agricultura”.

Considera que “esta nova concepción e a procura de niveis maiores de rendibilidade demandan semente de ameixas, berberechos e outras especies que, desgraciadamente, non ten acadado en Galicia o mesmo nivel de desenvolvemento e puxanza que outras actividades relacionadas coa pesca e co marisqueo”.

Apunta que esta carencia “fainos moi dependentes do exterior e moi vulnerables á introdución de especies que, ou chegan en malas condicións, ou non se adaptan ás nosas condicións naturais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar