Axencia Galega da Industria Forestal, un instrumento errado

Axencia Galega da Industria Forestal, un instrumento errado

Axencia Galega da Industria Forestal, un instrumento errado

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe de “instrumento errado” á Axencia Galega da Industria Forestal, constituída en 2017. O responsable socialista plantexou hoxe unha pregunta oral en Comisión para sinalar que logo de dous anos de xestión foron incapaces de citar un investimento real para a mellora da industria forestal.

O responsable socialista criticou a falla de proxecto dun organismo que xestiona 9,4 millóns de euros, dos que 6,7 corresponden a transferencias de capital sen ningunha convocatoria coñecida, e o investimento real directo da Xunta ascende a 1,1 millóns de euros, sen que tampouco neste caso sexa público a que se van dedicar.

O único resultado da súa xestión, dixo, foi a redución do número de traballadores no sector, dende os 20.000 rexistrados en 2011 aos 14.000 do segundo trimestre de 2018, e criticou que non teña “ningún resultado especialmente relevante en materia de emprego”.

Losada criticou que o goberno galego teña concibido este instrumento para supostamente impulsar a industria forestal cando en realidade está “segmentando a fase industrial da produtiva” ao fragmentar a cadea produtiva do monte en dúas consellerías que derivou en que “os resultados económicos non melloraron, senón que teñen empeorado”.

Ansiedade anticipatoria do PP

Reivindicou a “seriedade” dos socialistas galegos por agardar ano e medio para avaliar a xestión deste organismo fronte á “ansiedade anticipatoria do PP galego para cargar contra o goberno de Sánchez antes de cumprir 100 días”. Apuntou así ás declaracións de Tellado sinalando que o paro interanual baixaba en Galicia e subía en España pola diferente cor dos gobernos cando en Galicia diminuíu en 16.000 efectivos e en España en 200.000.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar