Auto trama agraria. Rueda perseguiu a UUAA e empregou os resortes do poder en beneficio do PP

Auto trama agraria. Rueda perseguiu a UUAA e empregou os resortes do poder en beneficio do PP

Auto trama agraria. Rueda perseguiu a UUAA e empregou os resortes do poder en beneficio do PP

O Secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, anunciou en rolda de prensa
que os socialista empregarán “todos os mecanismos parlamentarios” na súa man
para que o Conselleiro de Presidencia e Vicepresidente, Alfonso Rueda, teña que
comparecer no Parlamento de Galicia para falar do “acoso e as inspeccións
sumarísimas” das que foron obxecto tanto o sindicato Unións Agrarias como Pablo
García e Félix Porto, alcalde de Muxía, a raíz da denuncia presentada polo PP
contra o sindicato agrario e que ven de ser arquivada.

O devandito auto, continuou García, “corrobora” que Rueda “empregou os resortes
da consellería” para “lanzar inxurias e calumnias” coa intención de
desprestixiar a persoas físicas, como no caso de el mesmo e do rexedor de Muxía
e entidades como UUAA. Afirma ademais o parlamentario socialista que o
vicepresidente actuou a sabendo que non había lugar a ningún tipo de desvío de
fondos, tal e como xa lle informaran os propios técnicos da Xunta.

O alcalde de Muxía dixo sentirse “feliz”, porque o auto xudicial “é demoledor” e
“desmonta a burda farsa do Partido Popular”. Félix Porto expresou tamén a súa
“insatisfacción” por que non se poderá “reparar o dano” causado a persoas e
organizacións e “indignación” pola sensación de indefensión estes seis anos.

Agradeceu tamén o apio recibido polo sindicato UUAA, ao que pertenceu moitos anos e a
confianza do Secretario Xeral, Roberto García. Fixo mención especial dos
traballadores do sindicato agrario, que foron “demonizados” e soportaron
redadas nos seus lugares de traballo. Persoas e sindicato pasaron “a maior
proba do algodón” que pasara ningunha organización nun Estado democrático.

Fixo extensivo o capítulo de agradecementos ao Presidente Touriño, ao exconselleiro
Ricardo Varela “ao que tamén quixeron queimar” e aos militantes do PSdeG. Tamén
recordou aos veciños de Muxía e ao Grupo Municipal Socialista, que mantiveron
sempre a confianza na súa palabra.

Para o rexedor muxián tratábase dunha acción “meditada, consciente e deliberada”
deseñada par afacer un dano irreparable a persoa se organismos discrepantes co
PP.

Felix Porto pediu a dimisión de Alfonso Rueda, ao que acusou de urdir “unha trama de
mentiras” da que citou como responsables, ademais do Vicepresidente galego, a Luis
Bárcenas, xa que foi o extesoureiro do PP o que asinou a demanda e a Antonio
Rodríguez Miranda, daquela número tres dos populares galegos, ao que finalmente
“sacaron da primeira liña polo sistema da patada para arriba”, dixo Porto en
referencia ao seu nomeamento como responsable de Emigración.

Considera que Rueda ten que pedir “desculpas públicas” e instou ao PP a non prolongar
artificialmente, mediante a interposición de recursos, un proceso que “xa non
existe”. Considerou unha “curiosidade” que fora o vicepresidente da Xunta quen
denunciara tramas electorais cando “foi o maior axente electoral do PP”, xa que
“cobraba da Deputación de Pontevedra e non a pisaba, traballaba na sede do
Partido Popular”.

Continúa parecéndolle curioso ao alcalde de Muxía que aqueles que buscaban unha trama de
financiamento ilegal do Partido Socialista estean hoxe inmersos nun “proceso
sucio” de presunto financiamento ilegal no seu partido que non son capaces de
explicar. “Pensa o ladrón que son todos da súa mesma condición”, espetou Porto
aos populares, recorrendo ao refraneiro.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar