Ausencia absoluta da Xunta para impulsar o emprego

Ausencia absoluta da Xunta para impulsar o emprego

Ausencia absoluta da Xunta para impulsar o emprego

O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Miguel Ángel Fernández, presentará no Pleno da próxima semana unha Interpelación á Xunta pola súa “absoluta ausencia de medidas para impulsar o emprego”. Sinalou que Galicia suma xa 63.800 parados mais dende a chegada de Feijóo, crecendo o dobre que no resto do Estado.

Sinalou que os datos de desemprego coñecidos esta semana “reflicten o fracaso das políticas laborais e económicas do Goberno de Feijóo” e son a consecuencia de ter “abandonado as políticas activas de emprego e as políticas de reactivación económica de Galicia”. Acusou ao presidente da Xunta de ter “desprotexido” a Galicia diante da peor crise económica das últimas décadas”.

En opinión de Rodríguez, o presidente da Xunta ten “claudicado para que sexa o libre mercado quen dirixa os procesos económicos” arriscándose a ter unha Comunidade Autónoma “vencida”. Galicia suma xa un total de 226.500 parados, un 16,01 por cento mais con relación a outubro de 2010, duplicando o crecemento do Estado -8,82 por cento-, co que a taxa de paro pasou con Feijóo do 12,2 ao 17,25 por cento.

A Interpelación que presentará no próximo Pleno do Parlamento reclama á conselleira de Traballo que explique “qué medidas ten previstas para corrixir esta evolución negativa que afecta ao conxunto dos cidadáns galegos”. Concretamente, reclama as medidas que adoptará para “corrixir o constante descenso no número de contratos indefinidos que se está a producir en Galicia”.

Os socialistas preguntan concretamente na mala evolución do número de contratos indefinidos, xa que Galicia pasou de ser a cuarta autonomía que mellor controlaba o crecemento interanual de Demandantes de Emprego non Ocupados en 2009, despois de Melilla, Ceuta e Estremadura, a caer ata o sétimo posto en agosto de 2011.

Dixo que en agosto de 2011, Galicia ocupa o posto 15 de todo o Estado en canto ao número de contratos de traballo asinados, 4 puntos porcentuais por debaixo da media estatal, cando en 2009 estaba a dous puntos da media. Lembrou que mentres en 2009 o 12,61 por cento dos contratos eran indefinidos, actualmente só teñen este carácter o 8,44 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar