Atribúen á política arcaica de Feijóo a proposta Popular de voto delegado en caso de xestación e apostan polo voto telemático nos supostos xa aprobados polo Congreso

Atribúen á política arcaica de Feijóo a proposta Popular de voto delegado en caso de xestación e apostan polo voto telemático nos supostos xa aprobados polo Congreso

Atribúen á política arcaica de Feijóo a proposta Popular de voto delegado en caso de xestación e apostan polo voto telemático nos supostos xa aprobados polo Congreso

Carmen Cajide acusa aos populares de querer apropiarse do voto das deputadas mediante esta proposición de modificación do art. 84 do Regulamento da Cámara

Defende que tecnolóxicamente o Parlamento pode asumir o voto telemático coma no Congreso dos deputados. Polo que a proposta de delegación restrinxido á xestación e maternidade se debe ó fondo conservadurismo do Goberno Feijóo e do Grupo Popular

O Grupo Parlamentario Socialista ven de esixir a retirada da proposición non de lei popular para a reforma do Regulamento da Cámara e incorporar o voto delegado no suposto de maternidade das deputadas. A iniciativa foi finalmente aprobada polos votos de PP e BNG. O Grupo Socialista abstívose.

A parlamentaria Carmen Cajide, apelou á necesidade dun consenso da cámara neste sentido cara a ampliar a modificación do Regulamento da Cámara para incorporar o Parlamento Galego a aqueles nos que se pode exercer o voto telemático.

A deputada socialistas preguntou ós populares si, por que no Congreso a deputada Olga Iglesias puido votar desde a súa localidade, mediante o voto telemático, e por que non se pode facer en Galicia. Recorda Cajide que o impulso á incorporación de novas tecnoloxías ó parlamento efectuado desde a pasada lexislatura pola presidenta Dolores Villarino, xa permite aos deputados empregar a sinatura dixital, e existe conexión telemática coas casas e os ordenadores portátiles dos deputados. “moi pouco falta para que tecnicamente se puidera adaptar a Cámara ao voto telemático” afirma a socialista.

Resoltos os problemas técnicos, a socialista atribuíu a “ese fondo conservadurismo ideolóxico” que segundo Cajide exerce o PP nas súas decisións e da “política arcaica de Feijóo” o que leva a optar pola delegación sobre o exercicio telemático do voto. Un sistema que, a xuízo dos socialistas, conta con todas as garantías, acreditando o voto a distancia nos casos xustificados, mediante un regulamento específico como o aprobado polo Congreso.

Efectivamente a proposición popular, limitada ó voto delegado das mulleres embarazadas, tamén parece “ideoloxicamente restritiva” para os socialistas, que consideran, en primeiro termo, fundamental incluír a paternidade, e parécelles fundamental ampliar a todos os casos de forza maior, tal e como foi aprobado no Congreso dos Deputados.

Doutro xeito, o que parece é que “se queren apropiar do voto das mulleres” a través da delegación e a restrición do suposto á xestación e maternidade. “O voto é indelegable”, afirma Cajide, que acusou aos populares de ir contra a democracia representativa.

Por iso insistiu na necesidade de acadar un consenso previo en comisión, ao que se negaron os populares. “Impulsando a reforma do Regulamento para o voto telemático no mesmos supostos que o Congreso estaremos loitando pola igualdade”, insistiu Cajide ante a cerrazón das deputadas e deputados populares.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar