Atrasos e comisións desorbitadas aos pensionistas emigrantes retornados de Venezuela

Atrasos e comisións desorbitadas aos pensionistas emigrantes retornados de Venezuela

Atrasos e comisións desorbitadas aos pensionistas emigrantes retornados de Venezuela

emigraciónA portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou hoxe os atrasos e o cobro de comisións bancarias desorbitadas aos pensionistas emigrantes retornados de Venezuela. A responsable socialista preguntou en Comisión polas xestións feitas polo goberno galego para resolver a situación dos galegos retornados.

Soneira lembrou que malia existir un convenio con Venezuela, as pensións que deberan percibir os galegos e galegas que traballaron na república caribeña acumulan “retrasos en ocasións considerables”. Ademais, advertiu que os pensionistas están obrigados a manter unha conta en determinadas entidades para acceder ás súas pensións, e en casos concretos “teñen que pagar unhas comisións que chegan a supor a totalidade da pensión”.

A deputada socialista salientou a importancia destas contías para moitos destes afectados, na práctica preceptores de pensións non contributivas e que dependen en boa medida destas axudas para poder sobrevivir.

Utilización política

Marisol Soneira reclamou ademais “moito sentidiño” ao goberno central á hora de utilizar os ataques a aquel país para prexudicar a determinados grupos políticos de España. Dixo que as delicadas relacións diplomáticas con Venezuela “teñen efectos directos sobre a vida das persoas, por canto algún vese obrigado a retornar por medo da súa propia vida e do seu patrimonio”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar