Atención sanitaria para os emigrantes retornados

Atención sanitaria para os emigrantes retornados

Atención sanitaria para os emigrantes retornados

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento na que reclamoulle ao goberno galego que reclame a derrogación da modificación do Real decreto 16/2012, que racha co dereito universal á sanidade pública ao excluír aos emigrantes retornados.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de expulsar aos emigrantes retornados da sanidade pública apoiándose nun “suposto insostible déficit das contas sanitarias”, no que se sustenta o dito decreto, que en realidade deriva da “ineficiencia da súa propia xestión”. Lembrou que a sanidade é un “dereito universal, e non un seguro derivado da condición de traballador duns poucos beneficiarios”.

Censurou que aleguen o “insostible déficit das contas públicas para retirarlle parte dos dereitos á poboación”, en contra dos partidos, sindicatos e diversos gobernos autonómicos que incorporaron plans de protección para garantir o servizo.

No caso de Galicia, lembrou, puxeron en marcha un Programa galego de protección social que ademais de recoñecer o problema de asistencia obriga aos que o precisen a demostrar un nivel socioeconómico difícil e o empadroamento previo durante 6 meses, co que “non da saída aos emigrantes retornados”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar