Aseguran que se producirán novos recortes en Galicia ao ter que axustar o déficit do 1,1% ao 0,7%

Aseguran que se producirán novos recortes en Galicia ao ter que axustar o déficit do 1,1% ao 0,7%

Aseguran que se producirán novos recortes en Galicia ao ter que axustar o déficit do 1,1% ao 0,7%

A socialista Carmen Gallego asegura que esta medida “supón un recorte adicional de 225 millóns de euros para as contas de 2013”

Gallego acusou a Feijóo de non atoparse en Galicia “mentres todo isto sucede” e de non “comparecer no Parlamento, abandonando ós galegos sen dar explicacións”

Explicou que Feijóo leva moito tempo facendo recortes. “No que levamos de lexislatura o 80% do emprego publico que se destruíu en Galicia foi para sanidade e educación”

A Coordinadora da Área de Economía da Executiva Nacional Galega, Carmen Gallego, advertiu da posibilidade de que, tras a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira, se produzan mais recortes en Galicia debido a esixencia deste organismo de axustar o déficit da nosa comunidade do 1,1% o 0,7% para o ano 2013. “Esta medida supón un recorte adicional de 225 millóns de euros para as contas de 2013”, explicou Gallego.

A deputada socialista asegurou que debido a que neste mes de xullo, o goberno central e a Xunta de Galicia teñen que fixar o seu teito de gasto para os orzamentos, “pode haber novos recortes que se sumarán ao custo de 1.625 millóns de euros que lle supón os galegos os recortes de Rajoy xunto cos 225 millóns de euros debido os axustes do déficit”.

Carmen Gallego acusou a Feijóo de non atoparse en Galicia mentres “todo isto sucede”. ”O presidente está ausente, abandonando os galegos sen dar explicacións neste momento de dificultades, sen comparecer no Parlamento de Galicia, aínda que isto non é unha actitude nova, non é a primeira vez que abandona as súas responsabilidades de goberno, que abandona ós galegos á súa sorte”, sentenciou.

A Coordinadora da Área de Economía do PSdeG-PSOE, recrimina a Feijóo que as xestións con Venezuela se leven a cabo dende Galicia e sen embargo teña que visitar os demais países. “Esas xestións dende Galicia podían valer para os demais países, pero claro iso non se pode facer cando se pide o voto ós emigrantes”, afirmou.

“Onde debería estar o presidente Feijóo hoxe é aquí, dando contas no Parlamento de Galicia desta situación, deste recortes que lle afectan os galegos e galegas e de como lle van afectar os novos”, asegurou. Ademais, explicou que Feijóo “xa leva moito tempo facendo recortes, no que levamos de lexislatura o 80% do emprego publico que se destruíu en Galicia foi para sanidade e educación”.

Por outro lado, “de cada 5 dependentes que ten que ter prestación económica, 2 aínda están esperando por ela”, recriminou Gallego a Feijóo. “Galicia é a segunda comunidade autónoma con peores datos de España, por iso hoxe queremos esixirlle o señor Núñez Feijoo, unha vez mais, que deixe de escapar de Galicia e dos problemas que lle afectan os galegos xerados polo seu compañeiro de partido Mariano Rajoy”, explicou.

A deputada socialista pediulle a Feijóo que “dea a cara que sabemos que este é un momento difícil pero os gobernantes teñen que saber estar a altura das circunstancias e explicar para que se fan as cousas”.

Carmen Gallego cifrou en 1.625M€ por ano o que lle custan a Galicia os recortes de Rajoy que afectarán a 720.000 pensionistas, 270.000 parados e 200.000 funcionarios na nosa Comunidade Autónoma. “Isto supón 1.600€ a cada familia galega, o 15% do Orzamento da Xunta de Galicia e o 3% do PIB galego”, explicou.

AFECTADOS POLAS PREFERENTES

A Coordinadora da Área de Economía da Executiva Nacional Galega, Carmen Gallego, tamén quixo esixirlle a Feijoo diante da nova situación que se da coa denuncia colectiva da fiscalía, que “lle esixa os novos dirixentes de NovaGalicia Banco que se acollan a figura xurídica de “allanarse a demanda”, porque así pódese acabar co sufrimento de 43.000 familias, cifra que aumenta a 70.000 se sumamos preferentes e obrigacións subordinadas”.

Os socialistas esíxenlle a Feijoo e a Rajoy que na negociación coa Unión Europea “pidan que os afectados polas preferentes se consideren aforradores estafados e non inversores”. A deputada socialista asegurou que “xa existen sentencias firmes que diferencian entre aforradores estafados e inversores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar