Aseguran que o proxecto de Lei de Montes “pon en risco a vida dos veciños”

Aseguran que o proxecto de Lei de Montes “pon en risco a vida dos veciños”

Aseguran que o proxecto de Lei de Montes “pon en risco a vida dos veciños”

Sonia Verdes acusa o goberno galego de querer facer unha “lei forestalista e de desvalorización do monte”, coa que poñen “a mecha para achegar o lume as portas”

Os socialistas aseguran que se trata dunha “lei trampa” coa que quixeron facernos “cómplices”

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, asegurou que o proxecto de Lei de Montes “pon en risco a vida dos veciños” e o goberno galego pretende facer “unha lei forestalista e de desvalorización do monte”. Verdes afirma que se trata dunha “lei trampa da que quixeron facernos cómplices” e coa que poñen “a mecha para achegar o lume as portas”.

Os socialistas presentaron un total de 294 emendas, das que só foron aceptadas 16, co fin de conquerir unha lei que “non é a nosa”, “unha lei que atenta a realidade do monte galego”. Solicitaron a devolución do proxecto de lei coincidindo nos argumentos co ditame emitido polo Consello Económico Social de Galicia, moi crítico co texto do proxecto, segundo explicou Sonia Verdes. A Lei de Montes foi aprobada só co voto do Partido Popular.

A responsable socialista criticou que esta lei “non nace co consenso necesario para impulsar as políticas para o monte galego” dando “o machadazo final as políticas de desenvolvemento rural futuro”. Verdes asegura que non serán cómplices dunha lei que “no canto de resolver conflitos xera problemas, no canto de valorizar o monte e valorizar o rural afonda no abandono e no canto de protexernos dos incendios, achega o lume as portas”.

Os socialistas sentencian que non haberá acordo “para poñer en risco a vida dos veciños”. Presentaron as emendas para definir a Estratexia forestal galega, e as liñas de acción que a longo prazo “guíen a xestión sustentable do monte” e “ o aproveitamento multifuncional que permita mellorar a rendibilidade do monte”.

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, reclamou que a Lei de Montes determine o contido do Plan Forestal de Galicia, da Estadística forestal galega e do Inventario forestal de Galicia. Os socialistas solicitan que se centre “na protección dos montes veciñais en man común” e se “comprometan os recursos financeiros necesarios que garantan accións para o desenvolvemento dos distintos usos do monte”.

Verdes asegura que coas emendas presentadas, os socialistas definen unha “política sustentable para o monte de Galicia” comprometendo así os recursos necesarios para “promover a valorización integral do monte” cando non supón un incremento dos recursos que “recortaron nestes tres anos mais de 87 millóns de euros”.

Fame de terras

A responsable socialista afirmou que o país ten “fame de terras”, cara un futuro que sen dúbida “esixe explotacións máis competitivas” onde o compromiso do goberno deberá ser “para reducir custes e mellorar a rendibilidade das explotacións”. Verdes ditaminou que a solución da saída da crise “non é o peche de explotacións, non é a forestación indiscriminada das terras agrarias como alternativa para loitar contra o abandono”.

Os socialistas propuxeron impulsar “políticas efectivas de mobilidade de terras, alí onde se concentran as explotacións”, incentivando aos propietarios para que “cedan os terreos” poñendo en marcha “medidas que garantan condicións máis atractivas aos gandeiros e gandeiras”.

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, asegurou que neste país o problema “é o minifundio”, onde o compromiso debe ser resolver a “excesiva parcelación do monte en Galicia” a fin de mellorar a rendibilidade e procurar a xestión sustentable dos recursos forestais. Todo isto “non se resolve” coa Lei de Montes, que se pecha en torno as SOFOR, “dando as costas aos veciños/as, aos propietarios e titulares, a agricultores e gandeiros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar