Aseguran que o impacto da suba do IVE para os gandeiros triplicará o do resto de fogares

Aseguran que o impacto da suba do IVE para os gandeiros triplicará o do resto de fogares

Aseguran que o impacto da suba do IVE para os gandeiros triplicará o do resto de fogares

Ana Doval explicou que o goberno quere compensar esta subida co incremento do IVE compensatorio en dous puntos, unha medida que o PSdeG considera “insuficiente xa que apenas se notará”

A Secretaria de Medio Rural pediulle a Feijoo “un maior esforzo na subida do IVE compensatorio e unha compensación no baleiro de fondos que se fixo nos orzamentos do 2012 á Lei de Desenvolvemento Rural Sostible”.

A socialista recriminou ao goberno galego que penalizando a sectores de actividade estratéxicos do país “estámonos desviando da senda do crecemento”

A Secretaria de Medio Rural da Executiva Nacional Galega, Ana Doval, asegura que a subida do IVE aprobada polo goberno de Rajoy suponlle a unha familia que viva no Medio Rural e que desenvolva unha actividade agrogandeira un impacto económico tres veces maior que o que sufrirá un fogar medio (436 euros por ano), “elevándose ata un mínimo de 1.350 euros ao ano”. Explicou, ademais, que hoxe en día o número de parados “supera os 7.000 no Medio Rural”.

Doval recordou que Galicia é a comunidade que ten as peores condicións de prezos e de custes de produción láctea. “O prezo do leite en Galicia é menor que en Europa e que en España, xa que na nosa comunidade apenas chega os 29 céntimos”. Explicou que isto non sucede cos custes de produción, “que ademais de experimentar unha alza nos dous últimos anos agora veranse afectados pola subida do IVE”.

Ademais, nos servizos executados por terceiros nas explotacións, a partir de agora os produtores terán que pagar un 21% de IVE, fronte o 8% que sufragan ata o momento. A socialista tamén quixo resaltar o impacto que terá a subida de puntos, do 8% ao 10%, sobre as rehabilitacións cando o 80% dos inmobles tradicionais están emprazados no rural.

Todo isto, explicou Doval, quere compensalo o goberno “mediante o incremento do IVE compensatorio en dous puntos, unha medida insuficiente xa que apenas se notará sobre o mazazo que supón a subida do IVE reducido e normal no sector”. Os socialistas solicitan ao goberno “medidas reais, negociadas co sector e aplicables a corto prazo”, ademais de “empezar a aplicar xa o observatorio de prezos do leite”.

A Secretaria de Medio Rural pediulle a Feijoo “un maior esforzo na subida do IVE compensatorio e unha compensación no baleiro de fondos que se fixo nos orzamentos do 2012 á Lei de Desenvolvemento Rural Sostible”. Ademais, solicitoulle ao goberno galego que “pague as axudas por danos da fauna salvaxe que levan tres anos de atrasos e que incremente as axudas aos plans de mellora das explotacións gandeiras e suavizar así as condicións no ano 2013”.

A socialista explicou que estes recortes aprobados polo goberno do PP “precisamente onde fan mais dano é no medio rural”. Recriminoulle a Feijoo que á situación de crise que vive o campo dende fai dous anos, “agora temos que sumarlle o impacto duns recortes que lonxe de revitalizar a nosa economía traerán máis paro, máis desigualdade e sobre todo máis abandono do campo”.

Ana Doval denunciou “o impacto letal” que traerán consigo tres medidas aprobadas polo goberno central: os recortes na Lei de Dependencia, a subida do IVE e o baleiramento de competencias aos concellos de menos de 5.000 habitantes. “Son tres medidas que no caso de Galicia penalizan especialmente a aqueles que desenvolven unha actividade agrogandeira, e penalizando a sectores de actividade estratéxicos do país estámonos desviando da senda do crecemento”, sentenciou.

A Secretaria de Medio Rural asegurou que no rural é onde mais afecta a Lei de Dependencia, xa que “é onde existen unha maior porcentaxe de familiares exercendo de coidadores”. Ademais, “31.000 maiores galegos terán que esperar ata o 2015 para o recoñecemento da dependencia, penalizando así ás mulleres que viven no rural quedando expostas a unha maior precariedade laboral”, explicou.

Por último, en canto ao baleiro de competencias aos concellos de menos de 5.000 habitantes e redución dos concelleiros, Ana Doval asegurou que estes recortes afectan ao Medio Rural especialmente, xa que “é onde existen mais concellos con estas características”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar