Aseguran que o anuncio de Gallardón sobre o aborto “é un retroceso gravísimo que devolve ás mulleres á epoca da transición”

Aseguran que o anuncio de Gallardón sobre o aborto “é un retroceso gravísimo que devolve ás mulleres á epoca da transición”

Aseguran que o anuncio de Gallardón sobre o aborto “é un retroceso gravísimo que devolve ás mulleres á epoca da transición”

Laura Seara explica que moitos partidos aprobaron a actual Lei do aborto e agora, un solo, o PP, “pretende de novo unha política de clandestinidade volvendo ás políticas dos avións a Londres e as políticas dos centros clandestinos”

Os socialistas anuncian mobilizacións e non se quedaran de brazos cruzados “vendo como esa lei e toda esa bagaxe de dereitos, froito de consenso e debate, se nos escapan das mans”

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación da Executiva Nacional Galega, Laura Seara, mostrou hoxe a súa indignación ante as declaracións do Ministro de Xustiza, Alberto Gallardón, sobre a supresión do dereito a abortar en caso de malformación do feto. “É un retroceso gravísimo que leva ás mulleres á España da Transición; todos os dereitos percorridos, todo este marco lexislativo que levou a España á altura dos países europeos acaba de irse por terra”, explicou Seara.

Os socialistas aseguran que na pasada lexislatura sacaron adiante a actual Lei “cunha maioría importante, non só cos votos do partido socialista”. “Houbo moitos partidos que apostaron por esta lei e agora o Ministro de Xustiza pretende de novo unha política de clandestinidade respecto a interrupción voluntaria do embarazo”, asegurou. “Volverán de novo as políticas dos avións a Londres daqueles que poidan e as políticas dos centros clandestinos para aqueles que non teñan recursos”, recriminou Laura Seara ó actual goberno.

A Secretaria de Coordinación Institucional e Participación, asegurou que este retroceso “é gravísimo” e explicou que ven da man “dun home, do que o seu pai dixo: se pensades que eu son de dereitas e que non coñecedes ó meu fillo Alberto”.

Os socialistas explican que hoxe “é un dia duro para todos e todas non só para as mulleres”. Dende o PSdeG-PSOE, a socialista Laura Seara anuncia mobilizacións no conxunto de España.

“Os socialistas non se quedarán de brazos cruzados vendo como esa lei e toda esa bagaxe de dereitos, froito de consenso e debate, se nos escapan das mans polo capricho do sector mais de dereitas da propia dereita española, por facer un guiño a ese pequeno grupo de dereitas”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar