Asegura que o que está a facer o Goberno coa construción do dique flotante de Navantia Ferrol e os ferroláns "é unha fraude" e esixe ao PP que cumpra coa súa palabra

Asegura que o que está a facer o Goberno coa construción do dique flotante de Navantia Ferrol e os ferroláns "é unha fraude" e esixe ao PP que cumpra coa súa palabra

Asegura que o que está a facer o Goberno coa construción do dique flotante de Navantia Ferrol e os ferroláns "é unha fraude" e esixe ao PP que cumpra coa súa palabra

O senador do PSOE pola Coruña reclama ao Executivo que confirme a obra e asegura que o PP os únicos que ofrece son "promesas e máis promesas e ningunha realidade, salvo os 1.900 postos de traballo destruídos,"

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, subliñou esta tarde na sesión de control parlamentario da Cámara Alta que o que está a facer o Goberno coa construción do dique flotante de Navantia Ferrol e cos propios ferroláns é unha fraude, obviando o compromiso adquirido e un gran contrato de catorce remolcadores de mil millóns de investimento e que do PP "os únicos que se conseguen son promesas e máis promesas e ningunha realidade". "Ben, unha si, puntualizou, a destrución de 1.900 empregos, un contrato perdido en Noruega, seis contratos de buques para reparar que non se executaron e ningún plan de empresa,".

Losada, que preguntou ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro, se a SEPI tiña un plan de empresa para Navantia Ferrol, reclamou o Executivo que deixe de responder con vaguidades e con descoñecemento nun asunto de tanta relevancia para a zona.

Ao longo da súa intervención, o parlamentario do PSOE asegurou que os buques de Pemex "son o conto do buque fantasma, que non aparecen por ningún lado" e recordou que "o único que fala sobre este tema é o Ministro de Asuntos Exteriores que hai un mes e medio dixo que desbloqueara o tema con México para, a continuación, confirmar que non hai contrato ningún". De feito, Javier Losada indicou que "o único que hai é a posibilidade de acudir a un concurso mundial ao que Navantia poderá concorrer". "E xa vimos, matizou, o que pasou con Noruega, que o perdemos. Polo tanto, non hai garantía ningunha".
Losada subliñou que o que fixo o PP con Ferrol "é de manual: tres comisións de estudo para atrasar ata despois das eleccións autonómicas o que tiñan decidido politicamente, que non se construiría o dique flotante e que se destruirían 1.900 postos de traballo,".

A continuación, o senador coruñés detallou a confusión que se xerou con este asunto. Recordou que o PP recoñece agora que a obra é viable e se monta unha lea tremenda porque explican en Ferrol que se podería facer pero que se frea porque a UE prohibe esta obra. A liña seguida, o Presidente da SEPI cambia de idea e asegura que o informe de Europa non existe e que a infraestrutura se levaría a cabo se Fomento se ocupa do presuposto. Despois, en Galicia apróbase unha moción favorable ao dique e grazas a unha emenda socialista presupóstanse cinco millóns para o dique flotante e, o mesmo día, o PP vota en contra do dique no Congreso. " A que xogan, Ministro? ", preguntouse o parlamentario do PSOE.

Javier Losada esixiu ao Goberno que cumpra coa súa palabra e afirmou que "están obrigados a actuar e a non se escudar en informes inexistentes ou andar con voltas pasándolle o tema a outro Ministerio. Manteñan o que dixeron na oposición: que era un problema político e que co PP habería dique flotante. Agora o PP goberna o Concello, a Deputación, a Xunta e o Goberno central e non hai escusa". Losada concluíu asegurando ao Ministro que ten doado a resposta, "só diga SE de forma rotunda, fixe a partida presupostaria para construír o dique en Navantia Ferrol e diga a verdade sobre Pemex. Ferrol necesítao. "

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar