As Xuventudes Socialistas reivindican a loita contra o cambio climático no Día Mundial do Medio Ambiente

As Xuventudes Socialistas reivindican a loita contra o cambio climático no Día Mundial do Medio Ambiente

As Xuventudes Socialistas reivindican a loita contra o cambio climático no Día Mundial do Medio Ambiente

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, citou as verbas de Ban Ki-Moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas, declarando que “en 2014 debemos converter o maior desafío da humanidade hoxe en día –o cambio climático– na gran oportunidade para o progreso común cara un futuro sostible”

Os mozos e mozas socialistas reivindicaron “o papel estratéxico das políticas de fomento do I+D+i e, por ende, dos mozos e mozas investigadores para mitigar o cambio climático e os seus efectos en Galicia”

Os mozos e mozas socialistas veñen a conmemorar un ano máis o Día Mundial de Medio Ambiente, promovido por Nacións Unidas, este ano baixo o lema "Alza a túa voz, non o nivel do mar".

O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, anunciou que “alzaremos a nosa voz para loitar contra o cambio climático, sumándonos ao maratón de Twitter do #DMMA2014” posto en marcha polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), que se desenvolve na devandita rede social estes días, buscando sensibilizar sobre o cambio climático e os desafíos aos que se enfrontan as illas, que serán as maiores afectadas pola subida do mar.

Os mozos e mozas socialistas presentaron a campaña que se levará a cabo nas redes sociais, consistente na difusión de carteis inspirados no célebre cartel británico da Segunda Guerra Mundial baixo o lema Keep Calm and Carry On (Mantén a calma e segue adiante), que as propias Nacións Unidas versionaron este ano para publicitar e animar á xente a participar no Tweetathon. Dende as XSG elaboráronse varios carteis con mensaxes que recollen actitudes e comportamentos cotiás que axudarían a frear o cambio climático, reducindo as emisións de CO2.

A Secretaria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible das XSG, Sofía Vázquez, sostivo que “o Día Mundial do Medio Ambiente é o momento para darse conta de que o coidado da Terra é responsabilidade de todos e de todas, podendo converternos, se queremos, en axentes de cambio”. “O cambio climático é o desafío do noso tempo e as políticas internacionais, comunitarias, estatais, galegas e locais teñen que dar respostas ao problema do quentamento global e as consecuencias específicas que terán en cada território”.

Vázquez engadiu que “cómpre e urxen máis acordos internacionais ao respecto e involucrando a un maior número de países, sen esquecer que a acción local e rexional non é menos importante, polo que dende as Xuventudes instamos ás administracións galegas a poñer o seu grao de area poñendo en marcha estratexias e políticas, non só para frear o quentamento global, senón tamén para planificar as medidas de adaptación que nalgúns lugares serán necesarios”.

Os mozos e mozas socialistas concluíron reivindicando “o papel estratéxico das políticas e investimentos públicos para o fomento do I+D+i e, por ende, dos mozos e mozas investigadores, para mitigar o cambio climático e os seus efectos en Galicia, que requiren da acción de tódolos principais actores, e concretamente de investimentos da Xunta de Galicia para facelo realidade no noso país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar