As Xuventudes Socialistas queren protexer por lei o Noitebús

As Xuventudes Socialistas queren protexer por lei o Noitebús

As Xuventudes Socialistas queren protexer por lei o Noitebús

A secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, María Torres, e o secretario Xeral da agrupación local desta organización, Jonathan da Silva, pediron hoxe a implicación dos cidadáns e altura de miras aos partidos políticos para que saia adiante a Iniciativa Lexislativa Popular para protexer por lei o servizo de Noitebús e para  a participación activa da xente nova no deseño das políticas de mocidade e de ocio nocturno.

Torres explicou que se trata de que a mocidade, as institucións e os axentes sociais afectados polo ocio nocturno da xente nova acaden “solucións consensuadas” aos problemas que este pode orixinar,  e que as políticas postas en marcha dende as institucións públicas sexan “codecididas” cos mozos galegos.

“O servizo de Noitebús foi drásticamente eliminado argumentando razóns económicas”, criticou, e lembrou que o custe deste servizo é de 3 millóns de euros ao ano, cando en tan só 6 meses a Xunta gastou en publicidade institucional 25 millóns de euros.

“É unha cuestión de vontade política”, dixo, e recordou que o Noitebús era un servizo moi demandado, que cada ano aumentaba en número de usuarios, que aumentaba o número de liñas en Galicia, que considera prioritario dado os riscos das estradas durante a noite.

“Calquera medida a prol da seguridade é positiva”, engadiu, polo que as Xuventudes Socialistas seguirán recollendo sinaturas ata finais do vindeiro mes de setembro que se sumarán ás máis de 10.000 que xa teñen.

Da Silva apuntou que na provincia de Ourense había 7 liñas de Noitebús que unían vilas como Bande, Maceda, O Carballiño ou Allariz coa cidade de Ourense, e trala chegada do PP á Xunta foron todas suprimidas segundo informa a propia web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Esta rolda de prensa inclúese na ronda de comparecencias públicas que Xuventudes Socialistas de Galicia está ofrecendo por toda a comunidade para presentar esta Iniciativa Lexislativa Popular á cidadanía, e para que levan recollendo sinaturas dende finais do pasado mes de maio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar