As XSG reclaman o espazo e protagonismo que corresponde á xuventude nas eleccións

As XSG reclaman o espazo e protagonismo que corresponde á xuventude nas eleccións

As XSG reclaman o espazo e protagonismo que corresponde á xuventude nas eleccións

Baixo o lema “A miña primeira vez”, a Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) , MariaTorres, acompañada da Secretaria de Organización, Iriana Gil presentaron a campaña da Organización na sede da Rua do Pino. Con ela percorran as cidades e localidades de Galicia para animar a acudir ás urnas por primeira vez.

Torres definiu a campaña como “moi positiva e visual”. Ademais defendeu a necesidade de “realizar unha campaña propia, dirixida aos mais mozos de Galicia donde sexamos os protagonistas e en clave xuvenil”, insistiu. A Secretaria Xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia reclama un espazo político para os mais mozos “un punto de encontro, no que poidamos participar na elaboración dos programas electorais e o protagonismo que nos corresponde nas campañas políticas”, proclamou “e tamén fuxir das campañas en negativo”.

Por iso a campaña das XSG pretende abrir un espazo de campaña en positivo, de dialogo e de contacto directo “e cun tono agradable e incluso irónico como o que vimos de presentar hoxe e falando de ti a ti”.

A imaxe do cartel é unha imitación de polbo Paul que elixe a urna do PSOE, e no vídeo de campaña das XSG distintos personaxes contan a súa primeira vez, e que xa esta colgado na rede. (www.xuventudessocialistas.org). Sinalou que se elixiu ao polbo, porque expresa “unha ilusión en concreto e tamén porque ten un simbolismo gastronómico para Galicia”. Explicou que esta caravana, que conta cunha furgoneta rotulada cunha urna e un polbo similar a Paul, o do Mundial de Fútbol, percorrerá a maior parte do territorio convidando os mozos a votar ó polbo dá túa vida.

Iriana Gil explicou mais polo miúdo o desenrolo da campaña das Xuventudes Socialistas. Dixo que pretende pasar pola maior parte do territorio, e anunciou que participaran cunha caravana xoven, “na que presentaremos o noso merchandasing, as nosas propostas, e tamén servira para coñecer pobo a pobo de Galicia, e para transmitirlles as nosas iniciativas aos mais novos de Galicia”. Reclamou tamén unha mobilización polas redes sociais “xa que comprobamos que teñen mais tiron que os métodos tradicionais”, resumiu.

E engadiu “fai falla contacto directo, falar cos mozos e mobilizar a través das redes sociais facebook, twitter e blog”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar