As XSG publican un vídeo no que se demostra que o machismo de Cañete non foi cuestión "dun mal día"

As XSG publican un vídeo no que se demostra que o machismo de Cañete non foi cuestión "dun mal día"

As XSG publican un vídeo no que se demostra que o machismo de Cañete non foi cuestión "dun mal día"

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, lamentou que “o Partido Popular elixira a un candidato para estas eleccións europeas que saiu da caverna máis rancia e que representa aos sectores máis ultraconservadores e reaccionarios da dereita española”

Dende a Organización manifestaron que “o Sr. Cañete será o gran herdeiro das políticas defendidas por Mayor Oreja en Europa. Unha herdanza ben coñecida por todos e todas e marcada pola política en contra dos dereitos das persoas”

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) publicaron no día de hoxe un video do candidato do Partido Popular, Miguel Arias Cañete, no que dá a súa opinión sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo que difundirán polas redes sociais baixo o hashtag #HomoCañetus.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, lamentou que “o Partido Popular elixira a un candidato para estas eleccións europeas que saiu da caverna máis rancia e que representa aos sectores máis ultraconservadores e reaccionarios da dereita española.”

“Con este video queremos mostrar que non é cuestión dun mal día, senón que é a súa verdadeira ideoloxía. Esa ideoloxía que están a impor coas súas políticas en España, pero tamén en Europa, sendo a dereita máis rancia e conservadora de toda a Unión, mantendo posturas xa superadas coa chegada da democracia.” – continuou o secretario xeral.

Bouza argumentou que “en pleno século XXI non podemos tolerar este tipo de comportamentos completamente machistas por parte dun partido que di respectar os dereitos das persoas. Así mesmo, o delegado do Sr. Rajoy en Galicia que di ser o defensor das persoas e os seus dereitos debería ter rexeitado publicamente estas lamentables manifestacións. O Sr. Feijoo preferiu calar e outorgar en consecuencia.”

Os mozos e mozas socialistas reivindicaron que “unha persoa que tarda seis días en recoñecer que se equivocou, denota que non o fixo porque realmente o sentía, senón porque lle obrigaron, xa que “quedaba feo” e a sociedade reaccionou de forma contundente.

Bouza expuxo que “sen dúbida este é o modelo que defende o Partido Popular, ese modelo da incoherencia e de non recoñecer nunca os erros. Como dixo onte a Sr. Báñez en Santiago de Compotela empregan o que esta a ocorrer nesta cidade como espello en España e así lles vai.”

Dende a Organización quixeron salientar que “este personaxe foi tamén o que asinou o recurso contra lei do matrimonio igualitario deixando patente tamén o seu odio contra as persoas do mesmo sexo que se queren e pretender formar unha familia”

O secretario xeral concluíu dicindo que “o Sr. Cañete será o gran herdeiro das políticas defendidas por Mayor Oreja en Europa. Unha herdanza ben coñecida por todos e todas: voto en contra dos informes LGTBI, presentación de 3 millóns de sinaturas en contra da investigación sobre a saúde sexual e reprodutiva, reixeitamento de aumentar o Plan de Emprego Xuvenil a 21 millóns de euros...”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar