As vítimas de Angrois merecen completar as investigacións en marcha

As vítimas de Angrois merecen completar as investigacións en marcha

As vítimas de Angrois merecen completar as investigacións en marcha

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou hoxe a completar as investigacións sobre o accidente de Angrois. No debate da solicitude de creación da Comisión de Investigación no Parlamento de Galicia, explicou que é o Congreso dos Deputados o ámbito natural de investigación política sobre este asunto.

O portavoz socialista anunciou a abstención no debate da creación da Comisión de Investigación, porque “non nos opoñemos a este criterio, pero non o compartimos” xa que “non sería útil” a súa creación na Cámara autonómica. Dixo que “o Congreso ten competencia plena e capacidade de esixir que os responsables poidan acudir” mentres a Cámara autonómica estaría supeditada a unha comparecencia “estritamente voluntaria”.

Engadiu que “non é no Parlamento de Galicia onde hai que facer o traballo” de concederlle ás vítimas “satisfacción completa e un relato convincente” xa que carece de “capacidade para reclamar os informes en tempo e forma e para que as testemuñas se produzan”.

Vítimas

Ademais, dixo, “as demandas das vítimas precisan dunha satisfacción completa que a día de hoxe non se produciu” e, dixo, “é o PP quen toma a decisión” de rexeitar a constitución da Comisión de Investigación en Galicia. No mesmo sentido, explicou, sería o grupo maioritario quen tomaría a decisión sobre o funcionamento, organización e “todos os aspectos da mesma” no caso de ser creada.

O responsable socialista instou a completar as dúas investigacións en marcha para determinar as responsabilidades penais, a través do procedemento xudicial aberto na audiencia provincial, e da investigación técnica por parte de Fomento, que foi replicada pola Axencia Europea do Ferrocarril.

Estas dúas vías, dixo, deberán determinar por unha banda as responsabilidades penais “en toda a súa amplitude” e pola outra determinar a concatenación de elementos que produciron o accidente e garantir a seguridade nas liñas ferroviarias para evitar que se repitan estes sinistros.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar