As políticas de innovación da Xunta resultan estériles para o desenvolvemento de Galicia

As políticas de innovación da Xunta resultan estériles para o desenvolvemento de Galicia

As políticas de innovación da Xunta resultan estériles para o desenvolvemento de Galicia

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que a que foi bautizada polo goberno como Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 resulta estéril para a economía galega. Así o dixo na comparecencia do director da Axencia Galega de Innovación para presentar esta iniciativa, hoxe en Comisión parlamentaria.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de anunciar un investimento previsto de 500 millóns de euros sen presentar as obrigas recoñecidas que sustenten o que pode quedar nun mero “anuncio publicitario”. Lembrou o rosario de anuncios frustrados do goberno galego, pasando polo propio Plan Eólico, os contratos de Pemex ou proxectos como o dos coches eléctricos ou das baterías eléctricas de Mitsubishi.

Sinalou que estes exemplos ofrecen razóns de abondo para afrontar os anuncios da Xunta sobre o I+D e de proxectos como o do aeródromo de Rozas cun “razoable escepticismo”, polo que reclamoulles que “non falen de mobilizacións ou dinamización económica, queremos ver as obrigas recoñecidas sobre o crédito vixente do Goberno galego”.

Advertiu ademais que o I+D+i, sobre o que se sustentan os anuncios do RIS3 por parte do goberno galego, “non é un fin en si mesmo agás cando se trata de publicidade”, senón que supón “un medio para introducir un círculo virtuoso na actividade económica incrementando a produtividade, mellora salarial e aumento da demanda agregada”.

Fracaso

Losada criticou que ata o momento toda a suposta iniciativa do goberno galego para a mellora do tecido produtivo de Galicia se contou por fracasos, como evidencian os datos públicos que sinalan a un investimento en I+D a niveis de 2004, ou que o PIB por habitante se atope un 13 por cento por debaixo do Estado e un 20 por cento por debaixo da media estatal.

Explicou ademais que Galicia estará a cola do crecemento económico do Estado en 2016 e 2017, de acordo co BBVA, mentres os galegos cobran un 27 por cento menos que a media da UE, o equivalente a 557 euros mensuais. Galicia ten ademais máis fogares pobres e máis ricos dende o comezo da crise, cun 20 por cento en risco de pobreza.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar