As políticas de Feijóo para o sector do leite, "propias de quen non entende nada"

As políticas de Feijóo para o sector do leite, "propias de quen non entende nada"

As políticas de Feijóo para o sector do leite, "propias de quen non entende nada"

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe que o desleixo do presidente da Xunta ten “provocado a crise do xestión lácteo”, cunha xestión “propia de quen non entende nada” fronte á liberalización do mercado da UE coa desaparición do sistema de cota láctea.

Dixo que “o sector non está para parches electorais de un mes coa data de caducidade despois das eleccións”. O responsable socialista apuntou que “os acordos acadados a última hora nestes días son acordos precarios para os produtores sen mais garantía temporal que o día das eleccións municipais”.

García amosouse “escéptico” á hora de confiar en que o goberno galego “decida dunha vez por todas encarar o problema e facelo seu”. Ata o momento, dixo, os responsables da Xunta deron tódalas mostras de desoír as demandas do sector e dos socialistas galegos, cando “todo o mundo era capaz de prever esta situación agás o goberno galego, empeñado en non escoitar e fuxir para adiante sen ningún plan concreto”.

O responsable socialista dixo que “logo do escoitado ao presidente da Xunta de Galicia na sesión de control do último Pleno e nas manifestacións feitas ao remate do Consello da Xunta, constatamos que non hai ningunha posibilidade de contar co apoio da Xunta de Galicia”. subliñou que “para reparar un problema o primeiro que hai que facer é entender este problema, e resulta obvio que nin o presidente nin a conselleira entenden nada”.

Miseria política

Pablo García considera “politicamente miserable” a estratexia do goberno galego de responsabilizar aos produtores da falla de contratos coa industria, xa que “o único que pretende é desviar a atención das responsabilidades”. Ademais, dixo, resulta “incomprensible” por canto “si algo ten Galicia é produtores de leite” e confesou que “non entendemos a que industria ou distribución defende Feijóo.

Anunciou unha iniciativa parlamentaria para solicitarlle ao presidente da Xunta que “esixa a eses mediadores aos que só el coñece para que interveñan de inmediato e logre un prezo do leite baseado en criterios obxectivos”.

É responsabilidade da Xunta, sinalou, “acadar un prezo baseado en criterios obxectivos e garanta a recollida de toda a produción para as explotacións galegas, algo en todo punto razoable e que é precisamente o que demandan os nosos gandeiros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar