As políticas austericidas de Feijóo poñen en perigo a equidade no sistema educativo galego

As políticas austericidas de Feijóo poñen en perigo a equidade no sistema educativo galego

As políticas austericidas de Feijóo poñen en perigo a equidade no sistema educativo galego

Vicente DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, dixo que o presidente da Xunta é o principal responsable de “poñer en perigo a equidade do sistema educativo”. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Educación do Parlamento sobre os efectos da política de recortes “brutais” sobre a equidade e a excelencia do sistema educativo.

Docasar anunciou que os socialistas galegos “estamos dispostos a confrontar duramente co PP e con quen sexa” para defender estas dúas características do ensino público, que conforman “parte da propia xenética socialista”. Dixo que “a defensa da educación pública é claramente unha liña vermella pola que estamos dispostos a confrontar”, xa que resulta “primordial para corrixir as desigualdades de partida” dos rapaces e rapazas.

Acusou á Xunta de “atacar á esencia mesma do ensino público” ao suprimir a gratuidade de libros de texto, ao reducir as bolsas de estudos e á supresión e concentración dos departamentos de orientación, fundamentalmente no medio rural. Engadiu que “non parece a mellor forma de atender á equidade a redución brutal das partidas destinadas á educación compensatoria” ou a implantación “precipitada e trapalleira” da FP básica.

Lembrou que o informe Pisa está a revelar que os drásticos recortes asestados por Feijóo ao ensino público poñen en perigo a equidade do sistema educativo, e que as pequenas melloras débense ao esforzo do profesorado galego “nunha situación de recortes masivos e de austericidio doutrinal” e capaz de obter avances moderados nun “ambiente hostil”.

Hoxe hai “menos profesores e mais desmotivados, con menos fondos para gastos de funcionamento, sen reposición do material didáctico e instalacións educativas en malas condicións”. Este profesorado continúa cumprindo co seu traballo, dixo, malia as peores condicións laborais e profesionais, aumento das ratios, diminución do recoñecemento, a imposición dunha nova Lei sen consenso e a diminución da atención á diversidade.

Excelencia

O parlamentario socialista puxo tamén o acento sobre os malos datos de excelencia do sistema educativo que tamén revela o dito informe Pisa, e advertiu que “non vaia ser que só estean vostedes pensando en mellorar a excelencia de determinados centros de elite, e non a excelencia do conxunto da educación pública e do alumnado que nela se forma”.

Criticou finalmente a ausencia de propostas por parte do goberno galego para mellorar os indicadores galegos de equidade e excelencia, logo de que o director xeral de Educación, Manuel Corredoira, eludira dar respostas claras e precisas no Parlamento a ningunha das catro preguntas concretas que sobre este tema lle prantexou o Portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar