As pírricas axudas para rehabilitación converten os plans da Xunta en "metafísica"

As pírricas axudas para rehabilitación converten os plans da Xunta en "metafísica"

As pírricas axudas para rehabilitación converten os plans da Xunta en "metafísica"

VivendaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que as escasas axudas previstas no Plan de Aforro Enerxético da Xunta fan del un caso de “metafísica” mais de que impulso real. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Enerxía da Xunta para presentar o dito Plan que os socialistas consideran “mera publicidade con nada novidoso”.

Losada criticou a “insuficiencia continua e estrutural” dos fondos destinados polo goberno galego á rehabilitación de vivenda, unido á case nula execución das partidas previstas. Así, dos apenas 22 millóns de euros previstos para o programa de fomento da rehabilitación e calidade da vivenda no ano 2014, a Xunta tan só executou o 7,4 por cento.

Criticou que o orzamento “só supón o dobre do investimento previsto para unha campaña de publicidade da Consellería de Industria sobre Galicia, Economía de Futuro, mentres acada uns niveis de execución por debaixo do dez por cento”. Lembrou que estes plans están concibidos para dar emprego ás persoas expulsadas do sector inmobiliario, aos que “non parecen axudar moito, con 100.000 parados no sector” en toda Galicia.

Lembrou ademais que o actual director xeral protestaba fronte ao goberno presidido por Touriño polas partidas destinadas á eficiencia enerxética cualificándoas de “escasas, ridículas ou reducidas”. A realidade é que hoxe defende dende o goberno uns orzamentos que son a metade daqueles e ademais “non presenta nada novidoso no Plan de Eficiencia Enerxética”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar